"PCI" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 560.

  • Suco que presentan algúns invertebrados e que serve para a recepción ou recollemento dun apéndice, como o que presentan os gurgullos aos lados da trompa e que acolle a base das antenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Razón ou motivo que se alega para xustificar unha acción, omisión ou falta.

    2. Explicación con que se intenta pedir perdón ou manifestar pesar por algunha ofensa ou molestia.

      1. Excepción ou descargo.

      2. Motivo alegado para non exercer un cargo ou tutela.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ser inmaterial, simple e substancial, que ten a capacidade de posuírse a si mesmo por medio da autoconsciencia e da libre autodeterminación, e de realizar e comprender valores suprasensibles.

      2. Unha das tres persoas do Deus cristián. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    1. Ser inmaterial co que se poñen en contacto certas persoas mediante a práctica do espiritismo.

    2. Persoa, considerada en canto á súa cálidade intelectual e humana.

    3. Ánimo ou valor para actuar.

    4. Inclinación ou disposición cara a algo, como un comportamento ou unha actitude.

    5. Conxunto de características ou tendencias esenciais que se poden apreciar nas manifestacións dunha colectividade.

    6. Sentido ou intención que subxace a un texto.

    7. Substancia volátil que se obtén por destilación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos períodos nos que se divide o ano.

    2. Lugar onde un vehículo recolle e deixa mercadorías e viaxeiros.

      1. Centro ou conxunto de instalacións dedicadas a determinadas actividades ou a realizar estudos de investigación, normalmente de carácter científico.

      2. Localidade de montaña en que se construíu ou habilitou un conxunto de instalacións dedicadas á práctica de actividades deportivas invernais, especialmente pistas de esquí, así como os equipamentos e infraestruturas necesarias para o acceso aos servizos e o aloxamento dos usuarios.

      3. Lugar onde se subministra combustible aos automóbiles.

      4. Nave espacial de concepción modular, situada en órbita permanente, destinada á experimentación en condicións de baixa gravidade e durante períodos prolongados.

      5. Instalación dotada de instrumentos destinados á obtención de rexistros cuantitativos dos fenómenos meteorolóxicos.

      6. Nave espacial colocada en órbita para ser utilizada como hábitat de sucesivas tripulacións espaciais que chegan mediante naves de transporte e que permanecen nela durante un tempo prolongado.

      7. Instalación fixa para a conversión de tensión de corrente alterna e a distribución desta para o consumo.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prancha de metal tipográfica obtida cun molde, que é a prancha dunha ou máis planas compostas por caracteres móbiles.

    2. Idea, modelo ou imaxe aceptada comunmente por un grupo ou sociedade con carácter fixo e inmutable e que se obtén a partir das normas ou dos patróns culturais previamente establecidos.

    3. Concepción tópica, banal ou estática dun personaxe, dun conflito ou dunha acción, que desembocan no tipismo, na trivialización ou na repetición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capacidade para a percepción.

    2. Neurose sensorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia que estuda os procesos sedimentarios e as rochas sedimentarias estratigráficas que resultan, a natureza da estratificación e as interrupcións da estratificación.

    2. Método de escavación arqueolóxica que se emprega para identificar os niveis ou camadas dun xacemento de cara ao seu estudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao volcán que se caracteriza por frecuentes erupcións explosivas de lava pouco fluída.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade dos cítricos en que os gromos terminais das árbores presentan manchas de cor acastañada brillante.

    2. Erupcións eritematosas da pel producidas, sobre todo, pola acción de virus e medicamentos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de excedente.

    2. Situación xurídica do funcionario público que cesa temporalmente na prestación dos seus servizos por motivos non debidos a sanción, sen abandonar o corpo ao que pertence.

    3. Situación laboral do traballador asalariado que, de acordo coa súa empresa, cesa temporalmente na prestación dos seus servizos, sen dereito á percepción salarial e coa perda dos dereitos de antigüidade correspondentes a ese período de excedencia.

    VER O DETALLE DO TERMO