"ILE" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1118.

      1. Comunicación escrita, xeralmente pechada, enviada por unha persoa a outra.

      2. Carta enviada a un particular e que se fai pública simultaneamente para o coñecemento de todo o mundo, xeralmente a través dun medio de comunicación.

      3. Carta que se entrega nunha oficina de correos pagando o selo correspondente e cubrindo un xustificante que obriga á empresa receptora a probar que chegou ao seu destino, a devolvela se non se atopa o destinatario ou a pagar unha determinada indemnización en caso de extravío.

    1. Folla rectangular de cartolina con figuras pintadas nun dos lados, que forma parte dun conxunto de 48 a 52 elementos divididos en catro series ou paus.

    2. Documento que acredita determinados dereitos ou servizos para a identificación persoal con validez oficial.

      1. Mapa no que se representan determinadas características xeográficas e atmosféricas cun fin orientativo.

      2. Mapa deseñado especialmente para o uso da navegación aérea.

      3. Representación que se fai nun plano das estrelas e dos elementos máis importantes da esfera celeste.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente política baseada na Carta Constitucional outorgada por Pedro IV de Portugal que propugnaba unha lenta transición do absolutismo cara ao liberalismo, concedía amplos poderes ao monarca e beneficiaba as clases privilexiadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Libro que reúne unha serie de documentos e copias de documentos relativos a un dominio civil ou eclesiástico, e que ten como función conservar e facilitar a consulta dos privilexios, títulos e dereitos dominicais dunha entidade xurídica ou dunha familia.

      1. Arquiveiro palatino que no Imperio Romano de Oriente tiña ao seu cargo a conservación dos documentos públicos.

      2. Funcionario civil ou eclesiático, que en Italia se encargaba da conservación dos documentos públicos e que actuaba tamén como notario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequena prominencia carnosa situada nun órgano.

    2. Excrecencia carnosa que presentan certas aves e réptiles e que se atopa na cabeza, especialmente arredor do ollo ou no pescozo.

    3. Prominencia carnosa que presentan algunhas sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dióxido de estaño, que presenta cristais tetragonais, fráxiles, opacos, de cor parda ou negra. É o único mineral que se emprega para a obtención do estaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unidade taxonómica de rango inferior á de especie e caracterizada pola uniformidade xenética respecto a determinados caracteres.

    2. Familia á que pertence unha persoa e antepasados dos que descende.

    3. Conxunto de cidadáns que teñen uns privilexios determinados. O sistema de castes é un fenómeno exclusivamente hindú, pero vinculado ás divisións funcionais e rituais orixinadas pola penetración de grupos de orixe indoeuropea durante o II milenio a C.

    4. Calidadade ou natureza dun animal ou cousa.

    5. Grupo de función especializada nos insectos sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Castela ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Castela.

    3. Lingua románica, do subgrupo iberorrománico, orixinaria de Castela. É a lingua oficial de Arxentina, Colombia, Costa Rica, Cuba, Chile, Ecuador, España, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá,, República Dominicana, El Salvador, Uruguay e Venezuela. Comparte a oficialidade en Paraguay, Bolivia, Perú, Puerto Rico e Guinea Ecuatorial. Dentro do territorio español o castelán comparte o estatuto de lingua oficial nas comunidades autónomas de Galicia, Catalunya, València, Illes Balears, Nafarroa e Euskadi. Presenta como variedades dialectais o andaluz, o estremeño, o murciano, o canario e as variedades do castelán faladas en América.

    4. Persoa que na época medieval tiña o goberno, a defensa e a xurisdición dun castelo en dominio útil e posesión inmediata, ben en nome do seu señor, no territorio dunha baronía, ou ben do soberano nos dominios reais.

    5. Moeda de ouro que foi cuñada en Castela durante a Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos casuariformes.

    2. Ave da suborde dos casuariformes.

    3. Suborde de aves que comprende individuos coas ás moi pequenas, inútiles para voar pero de patas longas, grosas e moi fortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é versado en casuística. Tm s.

    2. Que emprega sutilezas nas súas argumentacións. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Folla escuamiforme que está situada por riba dos cotiledóns e por baixo dos nomófilos ou das follas en sentido estrito.

    VER O DETALLE DO TERMO