"Fu" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 3886.

  • Nome dun furacán ou doutro vento violento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Perda total ou parcial da sensibilidade acompañada ou non de perda de consciencia como consecuencia dunha enfermidade, dun traumatismo ou da administración dun anestésico.

    2. Anestesia baseada na utilización de analxésicos potentes (mórficos) en cantidades elevadas.

    3. Anestesia practicada sobre unha zona superficial do corpo.

    4. Supresión da sensibilidade consciente con perda temporal e reversible da actividade funcional do sistema nervioso central, que se consegue mediante a administración dun anestésico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amina primaria con gran capacidade de estimulación do sistema nervioso central, empregada como somnífugo e anoréxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Animal procordado mariño, do subfilo dos cefalocordados, fusiforme, co corpo comprimido lateralmente e rematado en punta polas dúas extremidades. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enredar unha persoa nun asunto que é alleo confundindo a xente.

    2. Facer unha obra provisional sen cuidado de que poida esmendrellarse en calquera momento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe, da familia dos angüílidos, de corpo serpentiforme, boca ampla con dentes diminutos e as aletas dorsal, caudal e anal unidas entre si. A pel está cuberta de escamas diminutas e dunha abondosa mucosa que a fai moi escorregadiza.

    2. Peixe, da familia dos sinafobránquidos, de corpo alongado, que vive entre 400 e 4.800 m de profundidade.

    3. Peixe, da familia dos astronéstidos, de corpo alongado. Presenta dúas fileiras de fotóforos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ángulo.

    2. Que forma un ángulo.

    3. Aplícase ao perfil metálico que ten dúas ás e unha sección transversal en forma de letra L, formando un ángulo recto. Tm s.

    4. Obxectivo dunha cámara fotográfica que amplía o campo de visión.

    5. Ángulo visual de dous puntos considerados.

    6. Pedra fundamental dun edificio, que forma o ángulo dos cimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parte moral e emocional do home.

      2. Entidade espiritual separada do corpo despois da morte.

    1. Ánima que padece no purgatorio e que se lles aparece aos seres vivos.

    2. Toque de campá que invita á oración polos defuntos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tese proposta por Antonie van Leeuwenhoek (s XVII) que, baseada nas teorías do preformacionismo, identificaba o espermatozoide co xerme e reducía o papel do óvulo a unha simple función de acollemento e alimentación deste.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea anual, da familia das apiáceas, de umbelas de flores brancas e de froitos aromáticos.

    2. Froito da planta do mesmo nome.

    3. Confeito de anís.

    4. Augardente de herbas preparada fundamentalmente con anís.

    5. Froito aromático do badián (Illicium verum).

    6. Aceite esencial extraído das sementes do anís. O seu principio activo é o anetol.

    VER O DETALLE DO TERMO