"BS" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 4332.

    1. Sólido de dureza moi elevada que existe na natureza en forma de anhidro e cristaliza en forma de corindón e hidratado en diversos graos. Emprégase na fabricación de aluminio e na obtención de abrasivos, refractarios, pezas de cerámicas, catalizadores e soportes de catalizadores.

    2. Alumina en forma granular de porosidade moi elevada e gran superficie específica, que manifesta unha gran capacidade de absorción, especialmente para a auga. Emprégase para secar gases ou vapores e certos líquidos, como catalizador e como absorbente.

    3. alundo.

    4. Calquera dos hidratos de alumina.

    5. Hidróxido de aluminio coloidal, que con solucións acuosas ácidas forma xeles dotados de propiedades absorbentes que se utilizan en medicina contra a acidez gástrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico, que pertence ao grupo III da táboa periódica, de cor branca arxéntea, dúctil e moi maleable. Atópase sobre todo en forma de silicatos, de óxido e de fluoruro dobre de aluminio e de sodio, pero nunca en forma libre. As aplicacións do aluminio metálico e das súas aliaxes son moi importantes e variadas.

    2. Composto empregado na fabricación de lacas, como mordente de tinturas e para a ignifugación e impermeabilización de tecidos.

    3. Pasta formada por pos de aluminio e un disolvente, utilizada como pigmento na fabricación de pinturas. Dispérsase mellor ca o aluminio en po, forma películas con máis facilidade, cun manexo máis sinxelo e un menor risco de incendio.

    4. Pos de aluminio de cor gris brillante e de forma laminar. Empréganse en aluminotermia, para os flashes fotográficos, na fabricación de aceiro, de explosivos e como pigmento para pinturas metálicas.

    5. Designación xenérica das aliaxes a base de cobre e aluminio de gran resistencia mecánica. Emprégase no revestimento de iates e na industria química.

    6. Cloruro anhidro moi empregado como catalizador na industria do petróleo.

    7. Composto empregado para espesar lubricantes na industria de pinturas e para a impermeabilización de tecidos.

    8. Sólido empregado como mordente nas tinturas pola súa capacidade de absorber un colorante cando precipita dunha solución que contén ese colorante.

    9. Lámina de aluminio obtida mediante sucesivas laminacións dunha cinta ou prancha de aluminio puro.

    10. Grupo de compostos que comprende o caolín, as arxilas e os alúminosilicatos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia mucilaxinosa, constituída por ácido alxínico ou alxinatos impuros, extraída de algas mariñas pardas. A alxina é un coloide hidrofílico moi empregado coma espesante, emulsionante, estabilizante, humectante e axente de suspensión. Aplícase na fabricación de fibras, aprestos e pezas téxtiles, no tratamento de augas de caldeiras e de fangos de perforación, na emulsión de aceites minerais e coma aglomerante e adhesivo.

    2. Fibra ou fío formado por un alxinato metálico insoluble. Os fíos de alxina empréganse sobre todo como soporte para tecer fíos de la moi finos, que doutro xeito non se poderían obter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia extremadamente tóxica, extraída da Amanita phalloides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia cristalina que se empregou inicialmente como antivírico para a profilaxe da gripe A 2 .

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Resina fósil de diversas coníferas, que pode ser de cor amarela, azul ou translúcido e pode conter fósiles en inclusión.

    2. Substancia de consistencia cerosa, de cor gris negra e con olor de almiscre, situada no tubo dixestivo dos cachalotes e doutros cetáceos mariños, que se emprega en perfumaría como fixador e como tintura.

    3. acibeche.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ambienta.

    2. Substancia desodorizante que se emprega para enmascarar o cheirume ambiental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Un e mais o outro. OBS: Cando vai modificando a un substantivo vai acompañado do artigo: ámbolos/ámbalas ou ambos os/ambas as.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos amharas ou á súa lingua.

    2. Individuo dos amharas.

    3. Pobo abisinio dominante en Etiopia.

    4. Lingua semítica do grupo de linguas etíopes que, con fonda influencia do substrato cuxita,  se desenvolveu a partir do etíope antigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composto orgánico que deriva formalmente do amoníaco ou dunha amina primaria ou secundaria por substitución de hidróxenos por radicais acilo.

    2. Substancia orgánica caracterizada pola presenza do grupo -C(NH 2 )= NOH.

    VER O DETALLE DO TERMO