"pari" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 441.

  • Planta herbácea perenne, da familia das zigofiláceas, con follas alternas, flores solitarias esbrancuxadas e froitos en cápsula trivalva globosa. Medra nos terreos esteparios e en ermos secos da rexión mediterránea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de esquizofrenia que se caracteriza pola súa aparición precoz, incongruencia da afectividade, alucinacións e grave desorganización da personalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que se produce algunhas veces cando se pon o Sol; consiste na aparición dunha franxa luminosa, semellante á cola dun cometa, que segue o Sol no seu movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade das plantas, xeralmente das especies de pasto, producida por fungos do xénero Helmintosporium. Caracterízase pola aparición de manchas na follaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saída de sangue, máis ou menos abundante, fóra dos vasos que o conteñen a consecuencia dun traumatismo ou de trastornos da coagulación. Pode dar lugar á aparición dun estado de anemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mucopolisacárido natural de alto peso molecular, formado por varias cadeas integradas pola combinación de dous azucres, D-glucosamina e ácido D-glucurónico. Está presente en tódolos vertebrados e atribúenselle efectos anticoagulantes e antitrombóticos. Por manipulación química ou encimática obtense a heparina de baixo peso molecular ou heparina fraccionada, moi utilizada en medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade principalmente das brasicáceas, producida polo fungo Plasmodiophora brassicae, que se manifesta pola aparición de vultos irregulares na raíz que conducen á morte da planta.

    2. Protusión dun órgano ou dunha parte del, por unha abertura natural ou accidental da parede da cavidade que o contén. Segundo a súa situación anatómica, pode ser inguinal, umbilical, epigástrica, diafragmática, de hiato ou de disco intervertebral ou discal. É reducible cando é posible facela volver á situación normal; se non, chámase irreducible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cousas e aos usos sagrados.

    2. Que mostra rixidez e severidade, sen deixar ver ningún sentimento.

    3. Tipo de escritura cursiva da escritura xeroglífica, documentada entre 2684 a C e 394 d C, que se utilizou na administración, na correspondencia e na literatura ata a aparición do demótico, que a restrinxiu aos textos relixiosos e sacerdotais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subtracción ou desaparición dun épsilon (ε), en certos dialectos gregos, para romper un hiato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina filosófica que atribúe ao mundo e á materia o carácter de ser vivo.

    2. Movemento literario, relacionado co creacionismo e co ultraísmo, que se desenvolveu a partir da década de 1920 ao redor da obra poética de Luís Amado Carballo. A temática e o protagonismo das súas composicións establécense en base á aparición dunha paisaxe rural ou natural con características humanizadoras e cheas de elementos populares.

    VER O DETALLE DO TERMO