"deus" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 448.

    1. Acción e efecto de limpar.

    2. Calidade de limpo.

    3. Feito de non ser fillo ou descendente de xudeus, mouriscos ou herexes. Durante o s XV apareceron en España as primeiras regulamentacións en institucións relixiosas ou universitarias, denominadas estatutos de limpeza de sangue, que impedían aos conversos e aos seus descendentes ocupar postos e cargos nelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Culto ofrecido a Deus pola Igrexa en nome de Cristo. Comprende a misa, os sacramentos, o oficio divino e a celebración dos misterios de Cristo a través do ano litúrxico.

    2. Forma de celebrar unha igrexa concreta ou un grupo étnico o culto litúrxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte saínte dun órgano de forma curva.

    2. Pequeno arco circular que se usa na arquitectura e na decoración árabe, románica e gótica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo da Gallaecia do Convento Bracarense. Segundo as fontes, o seu territorio estendeuse entre os ríos Miño e Limia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto doutrinal e movemento cristián que ten a súa orixe en Martiño Lutero. Os seus puntos básicos son a xustificación pola soa fe, a palabra de Deus como norma exclusiva de fe, a salvación pola imputación dos méritos de Xesus Cristo, o sacerdocio universal dos fieis e o concepto de Igrexa como congregación dos santos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión coa que se manifesta asombro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Erguerse cedo pola mañá.

    2. Anticiparse algo ou alguén ao tempo normal ou lóxico en que debe acontecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. malo.

    2. Aquilo que prexudica dalgunha maneira a algo ou a alguén e o seu efecto.

    3. Dano que recibe moral ou materialmente alguén.

    4. Alteración, máis ou menos grave, da saúde dun ser vivo.

    5. Aquilo que é contrario ao ben.

      1. Alteración das condicións fisiolóxicas normais, acompañada de sufrimento físico.

      2. epilepsia.

      3. Estado morboso que provoca a diminución da presión atmosférica que se manifesta en forma de vertixe, cefalea ou somnolencia.

      4. lepra.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade do que é malo moralmente.

    2. Acción ou cousa mala e daniña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Imprecación que se dirixe contra algo ou alguén manifestando odio e aversión e, especialmente, desexo de que lle aconteza algún mal.

    2. Conxunto de desgrazas ou feitos infortunados que lle acontecen a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO