"NOT" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 680.

  • Aplícase á notación da música litúrxica bizantina que se basea nos antigos signos prosódicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Escurecemento total ou parcial da luz que sucede cando un segundo astro se interpón entre o astro en cuestión e o observador, ou cando o astro entra na sombra ou na penumbra doutro. Unha eclipse solar acontece cando a Lúa se interpón entre o Sol e o observador situado na Terra.

    2. Nasalización que afecta ao primeiro fonema dunha palabra nas linguas célticas.

    3. Desaparición total ou parcial de alguén ou de algo ou diminución da súa notoriedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Fenómeno que consiste na reflexión de ondas sonoras por un obstáculo, de maneira que o oído recibe a onda reflectida cun certo atraso respecto á onda directa.

      2. Reflexión de ondas radioeléctricas que dá lugar a efectos de repetición dos sinais recibidos.

      3. Fenómeno análogo ao eco acústico polo que aparecen na pantalla do televisor unha ou máis imaxes parasitas desprazadas lateralmente respecto á principal.

      4. Aparición, na pantalla do aparato de radar, do punto luminoso correspondente á onda devolta por un branco.

      1. Son que se percibe de forma débil e confusa.

      2. Son que perdura na memoria.

    1. Noticia imprecisa dun suceso.

    2. Repercusión, efecto ou influencia de alguén ou algo.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exposición da fe, favorable ao monotelismo de Serxio, patriarca de Constantinopla, publicada polo emperador Heraclio (639).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Advertencia, orde ou decreto publicado pola autoridade coa finalidade de promulgar unha disposición, facer pública algunha resolución, dar noticia da celebración dun acto ou notificar calquera decisión.

    2. Escrito que se fai público e en que se comunica un aviso oficial.

    3. Documento da Inquisición que se lía cada ano nun domingo da Coresma, nas igrexas onde existise un Tribunal do Santo Oficio, e que recollía feitos ou ditos que os inquisidores consideraban delitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acontecemento notable que se recorda en calquera aniversario do mesmo.

      1. Libros ou memorias que se empregaban na Antigüidade para rexistrar día a día os acontecementos da vida dun personaxe.

      2. Relación en que se recollían todos os feitos acaecidos un día determinado en diferentes épocas.

      1. Almanaque que recolle todos os datos astronómicos.

      2. Conxunto de táboas en que se indican as distintas disposicións que ocupan cada día no firmamento certos astros móbiles durante un intervalo de tempo que adoita ser dun ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos elatéridos.

    2. Insecto da familia dos elatéridos.

    3. Familia de coleópteros, formada por escaravellos alongados e estreitos, moitas veces cubertos dunha fina pilosidade, con antenas de 11 artellos que poden aloxarse nuns sucos laterais, e cabeza encaixada baixo o pronoto, que ten os ángulos posteriores prolongados cara a atrás e rematados nunha punta aguda. Presentan un mecanismo de resorte que lles permite saltar cando quedan de costas e indefensos, co que recuperan a posición normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que eleva ou serve para elevar.

      2. Que ten como finalidade elevar as partes nas que están inseridos. Tm s m, referido a músculo.

    1. Aparato que se emprega para elevar verticalmente ou cunha certa inclinación unha carga.

    2. Transformador destinado a aumentar a tensión dunha corrente alterna.

    3. Temón de profundidade ou de cabeceo.

    4. Cada un dos dous mecanismos empregados na linotipia, que conducen as matrices antes e despois das operacións de xustificación e de fundición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comportarse alguén dun xeito que denote mal humor.

    2. Dar por rematada unha relación de amizade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta un notable desenvolvemento do aparato dixestivo e das vísceras, membros curtos con relación ao corpo e un aspecto xeral redondeado. Tm s m, referido a biotipo humano.

    VER O DETALLE DO TERMO