"inter" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2689.

      1. Lámina ríxida de metal, madeira ou plástico, xeralmente destinada a ser aplicada sobre unha superficie plana.

      2. Estrutura, xeralmente de formigón armado, ou doutros materiais, que cobre unha superficie ou que serve de base para outra estrutura ou construción.

      3. contrachapado.

      4. Lámina de vidro recuberta, nunha das súas caras, dunha emulsión fotosensible que serve para obter probas fotográficas negativas.

      5. Disco de gramófono.

      6. Calefactor para quentar recipientes, que consiste nunha prancha quente por resistencias eléctricas ou por gas.

      7. Cociña con fogóns integrados sobre unha placa metálica, de pouco grosor, que se introduce dentro dunha abertura practicada nun mármore ou nun moble, de xeito que constitúe xunto con el unha superficie case continua.

      8. Elemento da sinalización vertical de vías, que consiste nunha placa que brilla moito cando se ilumina por unha fonte de luz.

      9. Panel formado por células fotovoltaicas de silicio, que transforman a luz en electricidade.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Interceptar, en rugby, o avance dun contrario que ten a pelota, suxeitándoo pola cintura ou polas coxas cos brazos e facéndoo caer a terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Órgano materno dos mamíferos terios, que consiste nunha zona de contacto entre o útero, o corion e o alantoide do embrión, pola que se establece, durante a xestación, o intercambio de gases e de substancias nutritivas entre a nai e o embrión.

      2. Placenta que se insire no segmento inferior uterino e que se presenta antes ca o feto, durante o parto, e pode ser causa de importantes hemorraxias.

      1. Parte resaltada do carpelo onde se insire un primordio seminal.

      2. Protuberancia de tecido foliar dos soros das pteridófitas, de onde arrancan os esporanxios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á placenta.

      1. Relativo ou pertencente aos placentarios.

      2. Mamífero da infraclase dos placentarios.

      3. Infraclase de mamíferos, da subclase dos terios, que se caracterizan por reter as crías durante un tempo considerable dentro do útero, alimentándoas por medio dunha placenta formada polo alantoide.

    2. Membrana de intercambio placentario que ten a facultade de separar a circulación materna e a fetal e impedir así o paso de certos produtos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de planificar.

      1. Acción de elaborar e executar un plano económico.

      2. Proceso de decisión polo que se determinan as directrices e os diferentes detalles dos usos do chan.

    2. Sistema, a medio e a longo prazo, para establecer proxectos de desenvolvemento e programas de explotación para a xestión óptima da empresa.

    3. Práctica de control de nacementos que representa a atención dos aspectos psicolóxicos, médicos, familiares, sociais, económicos ou demográficos que condicionan a natalidade.

    4. Conxunto de intervencións organizadas de maneira consciente e sistemática para influír sobre a forma e as funcións das variedades lingüísticas presentes nun marco social determinado.

    5. Práctica que contribúe a conformar as cidades segundo unhas determinadas tendencias que axustan a súa imaxe e o espazo urbano aos procesos de transformacións socioeconómicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que recorda a forma dun plano xeométrico ou que forma parte del.

      1. Que ten todos os elementos situados nun plano.

      2. Aplícase á xeometría ou á trigonometría que tratan de figuras ou de ángulos planos.

      1. Superficie tal que, calquera recta que pase por dous dos seus puntos se atopa totalmente contida nesa superficie.

      2. Cada un dos tres planos que se cortan nun punto e que serven para fixar a posición de calquera punto do espazo coa axuda das liñas coordenadas.

    2. Superficie dun corpo cunha configuración semellante á dun plano xeométrico.

      1. Superficie real ou imaxinaria relativa a uns puntos, fenómenos ou obxectos situados á mesma altura ou distancia respecto a un nivel de referencia estable.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Célula do sangue sen núcleo, que intervén en todas as fases da hemostasia e da coagulación.

    2. Peza de cerámica que se emprega para revestir pavimentos e paredes.

    3. Pequeno baixo relevo en metal, semellante ás medallas pero de forma rectangular, que se produciu desde mediados do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao plástico.

      2. Relativo ou pertencente á plastia.

      1. Que pode ser modelado facilmente. Tm fig.

      2. Conxunto das artes do debuxo, incluídas tamén a pintura e a escultura.

    1. Composto orgánico polimérico que se obtén por síntese de substancias naturais que sufriron unha profunda transformación química, e que se caracterizan polo elevado peso molecular, o intervalo relativamente limitado da temperatura de utilización, as súas propiedades illantes, e a resistencia aos axentes químicos inorgánicos.

    2. Explosivo a base de ciclonita ou de pentrita amasadas cun plastificante.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Superficie plana e horizontal máis elevada ca o chan circundante.

      2. Estrutura de formigón e de aceiro en que se montan os elementos dun foguete espacial e desde a que se efectúa o seu lanzamento.

      3. Estrutura que se emprega para a perforación de pozos de petróleo no mar.

    1. Superficie que nas estacións de ferrocarril se sitúa ao longo da vía destinada para que os viaxeiros poidan andar.

    2. Parte inmediata á entrada e saída de pasaxeiros, desprovista de asentos en vehículos de transporte público.

    3. Peza grosa de material lixeiro que leva a sola de determinados zapatos.

    4. Programa ou conxunto de ideas reivindicativas dun grupo político, profesional ou sindical.

    5. Asociación non estable de grupos ou partidos para a consecución duns fins compartidos.

    6. ehículo autopropulsado que se emprega para trasladar os vehículos espaciais desde o edificio de montaxe ata a plataforma de lanzamento.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato aluminado de sodio e calcio, do grupo dos feldespatos, que cristaliza no sistema triclínico e que intervén na formación das rochas.

    VER O DETALLE DO TERMO