"PROM" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 292.

    1. Solicitar con insistencia algunha cousa.

    2. Formular un postulado.

    3. Pedir pola rúa para algo benéfico.

    4. Promover a alguén para a súa beatificación ou canonización.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrución, orde ou norma de conduta moral que provén dunha autoridade competente.

    2. Fórmula que ensina o que cómpre facer.

    3. Documento papal ou real onde constaba a concesión dun privilexio ou graza.

      1. Obriga que teñen os cristiáns de gardar e celebrar o domingo e as festas relixiosas.

      2. Cada unha das leis promulgadas polos concilios ou polos papas relativas á doutrina, culto e disciplina eclesiástica.

    4. Mandamentos obrigatorios por natureza, definidos tamén como preceptos da lei natural, válidos para sempre e para todas as épocas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convenio mediante o que as partes se comprometen a celebrar, nun momento posterior, un determinado contrato e a emitir, nun momento futuro, a declaración de que se prestará un definitivo consentimento contractual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é anterior á escolarización obrigatoria dun cativo.

    2. Ensino non obrigatorio do sistema educativo promulgado pola Lei Xeral de Educación (1970) antes da promulgación da LOXSE, que comprendía unha etapa dos 2 aos 4 anos, que se realizaba no xardín de infancia, e unha segunda, dos 4 aos 6 anos, que se realizan na escola de párvulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de moverse por anticipado a un feito.

    2. Concurso divino previo á acción libre do home e determinante dela na escolástica. OBS: Tamén se denomina promoción física.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa ou entidade que nun contrato de préstamo recibe os cartos do prestador e se compromete a devolvelos xunto cos xuros acordados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Momento ou lugar en que comeza algo.

    2. Regra que rexe o comportamento dunha persoa.

      1. Axioma ou postulado.

      2. Aquilo de onde unha cousa procede, ou elemento de que consta unha cousa.

      3. Cada unha das causas a partir das que está constituída a realidade.

      4. Segundo dos principios da realidade, de acordo coa doutrina dos principios de Platón, principio de todo cambio, desigualdade e multiplicidade.

      5. Deus como causa do universo, do que é creador, conservador e ordenador e ao que lle dá o seu sentido.

    3. Enunciado dun proceso físico soportado por un razoamento lóxico que se considera orixe de todos os fenómenos derivados deste proceso físico.

    4. Corpo que está presente na composición dunha mestura natural, especialmente se é característico dela ou lle confire algunha particularidade.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade de promoción publicitaria que consiste en situar un produto nunha ou varias escenas dun filme.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Actividade permanente, que require un título, que serve como medio de vida e que ademais determina o ingreso nun grupo profesional concreto.

      2. Conxunto de persoas que teñen o mesmo oficio.

      3. Actividade de tipo intelectual que se exerce de maneira independente.

    1. Acto xurídico-relixioso polo que un cristián pasa a formar parte dunha orde relixiosa e se compromete a cumprir os votos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona hipofisiaria que promove a produción mamaria de leite.

    VER O DETALLE DO TERMO