"per" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 20014.

    1. Calquera sal ou éster do ácido acético que se emprega sobre todo na industria téxtil para a tinguidura e os estampados, para a impermeabilización e a ignifugación e como disolvente. O acetato máis importante é o acetato de vinilo, que se usa como materia prima para a fabricación de polímeros, como o acetato de polivinilo.

    2. acetobutirato de celulosa.

    3.   Éster acético da celulosa, e dos plásticos que derivan del, en que a esterificación é incompleta. Emprégase, sobre todo, na fabricación de fibras téxtiles.

    4. Polímero do acetato de vinilo. É unha resina con propiedades adhesivas que se emprega como cola para madeira e na obtención de coiro artificial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia cristalina que pertence ao grupo das sulfamidas. En medicina emprégase como diurético e no tratamento do glaucoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao vinagre.

      2. Que produce vinagre.

    1. Relativo ou pertencente ao ácido acético ou aos produtos en que deriva.

    2. Ácido, presente no vinagre, de cheiro característico e carácter feble. Os seus sales e ésteres denomínanse acetatos.

    3. Ácido acético moi puro, dunha concentración mínima do 99,8%. É susceptible de cristalizar coa temperatura ordinaria do inverno. 

    4. acetaldehido.

    5. Anhídrido do ácido acético. É, sobre todo, un axente acilante e deshidratante.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao acetileno.

      2. Relativo ou pertencente ao enlace triplo entre dous átomos de carbono ou aos compostos orgánicos que o conteñen, e que cando se atopa ao final dunha cadea os compostos acetilénicos califícanse como terminais.

      3. Hidrocarburo da serie acetilénica.

    1. Serie de hidrocarburos alifáticos insaturados, de fórmula xeral C n H 2n-2 , constituída polo acetileno e os seus homólogos superiores, e que se caracteriza pola presenza dun enlace triplo. Por extensión, conxunto dos compostos orgánicos nos que existe cando menos un enlace triplo. A existencia dunha gran variedade de produtos que proveñen dos compostos acetilénicos explica a importancia industrial do acetileno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Líquido basto, incoloro, soluble na auga e no alcohol, que se emprega nas industrias de explosivos e colorantes.

    2. Líquido higroscópico, soluble na auga e no benceno, que se emprega como plastificante e disolvente de resinas artificiais.

    3. Líquido incoloro, lixeiramente soluble na auga, soluble en alcohol, que se emprega como plastificante en perfumaría e cosmética.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao acetoacetato.

    2. Líquido oleaxinoso, soluble en auga e en alcohol, que se descompón producindo acetona e anhídrico carbónico.

    3. Acetoacetato de etilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido incoloro, soluble nos disolventes orgánicos e moi pouco en auga, que se empregae en perfumaría para dar o recendo do azar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á acetona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao vinagre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Imputar, acusar falsamente a alguén de algo que non cometeu.

    2. Atribuír algo censurable a unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO