"RDA" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2123.

    1. Artrópodo da orde Araneae, que pertence á clase dos arácnidos. Distínguense doutros arácnidos pola presenza dun pedicelo que une o prosoma co opistoma. A maioría presentan oito ollos e teñen os quelíceros conectados a través de condutos a glándulas secretoras de veleno. No opistosoma sitúanse catro pares de fieiras, onde desembocan as glándulas da seda. Son carnívoras.

    2. Peixe, da familia dos traquínidos, de corpo alongado que presenta de 4 a 7 raios espiñentos provistos de glándulas.

      1. Crustáceo decápodo, da familia dos galateidos, de abdome ben desenvolvido e flexionado debaixo do tórax. Son de cor vermella con liñas azuis transversais.

      2. Nome de diversos crustáceos decápodos braquiúros, particularmente dos xéneros Inachus e Macropodia.

    3. Conexión feita cos extremos de todos os cables que entran nunha estación eléctrica distribuidora para deixar fóra de circuíto a árbore de transmisión, a estrutura e o cadro de mandos.

      1. Conxunto de cordas ou de pequenos cabos que saen dun mesmo punto en direccións diverxentes.

      2. Peza de madeira que evita que se enrede a vela cos cabos que guarnecen os paus.

    4. ácaro. 

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caixa de madeira rectangular con tapadeira, onde se garda a roupa, o gran dos cereais ou calquera produto de consumo doméstico.

    2. Lugar onde se gardan os cartos.

    3. Parte do corpo delimitada polo costeleiro. OBS: Tamén se denomina arca do peito.

    4. anta.

    5. Fornos accesorios que, nos antigos fornos de vidro rodeaban o forno de fusión e que se quentaban coa calor perdida por estes.

      1. Cofre de madeira construído por Moisés ao pé do Sinaí destinado a conter as Táboas da Lei cos mandamentos de Deus ao pobo de Israel.

      2. Navío que construíu Noé por mandato divino para poder salvarse do Diluvio Universal coa súa familia e cunha parella de animais de cada especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arca grande empregada nas casas para gardar as roupas da cama e nas sancristías para gardar as vestiduras e os obxectos empregados na liturxia.

    2. Caixón de madeira onde se gardan as redes de pescar que logo van ser tinxidas e encascadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Porción dunha curva.

      2. Lugar xeométrico dos puntos P do plano polos que as semirrectas PA PB que os unen aos extremos AB dun determinado segmento AB = l, forman todas un mesmo ángulo dado α.

      3. Arcos pertencentes a circunferencias concéntricas.

      4. Designación das funcións inversas das funcións circulares: arcoseno, arcocoseno, arcotanxente e arcocotanxente.

      1. Formación anatómica, natural ou patolóxica, do organismo en forma de arco.

      2. Arco formado por dúas rectas que se cortan no vértice.

      3. Óso da meixela que é o punto de articulación do maxilar inferior.

      4. Relevo óseo situado por riba das órbitas oculares.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estar algunha cousa acendida ou queimándose.

    2. Estar dominado pola paixón, sentir axitación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de metal, madeira ou outro material resistente, en forma de círculo, que se emprega para reter ou amarrar algunha cousa.

    2. Peza circular de ferro fixada na parte exterior da porta que serve para chamar e para tirar dela ao pechala.

    3. Peza en forma de anel con parafuso ou cravo para inserila no ferrollo.

    4. Peza de ferro que serve para unir táboas grandes en substitución dunha atadura con cordas.

    5. Aparato ximnástico empregado para practicar exercicios de suspensión e sostemento que consta de dous aneis de madeira pulida que penduran de dúas cordas fixadas ao teito ou a unha barra horizontal.

    6. Pena aplicada na Idade Media aos delincuentes, aos que se lles colocaba cadeas e argolas ao pescozo.

    7. Peza tubular que se coloca dentro do zapato para poder pasarlle a man por dentro e coser o calzado.

    8. Peza metálica pola que pasa moi xusto unha esfera metálica a temperatura ambiente.

    9. Pequena argola de platino, suxeita a un mango que se emprega para sementar microorganismos nun medio de cultivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde se gardan armas.

    2. Fábrica de armas.

    3. Local onde se venden ou expoñen armas.

    4. Arte de fabricar armas.

      1. Arte ou ciencia do brasón.

      2. Conxunto de pezas e figuras que adornan un escudo.

      3. Escudo de armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moble alto con portas que contén dentro colgadoiros, caixóns e estantes para a colocación de obxectos.

    2. Oco practicado nunha parede destinado aos mesmos usos ca o moble.

    3. Armario destinado a gardar nel a roupa de uso persoal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fabricante ou vendedor de armas.

    2. Persoa que garda as armas e ten coidado de limpalas, as armerías.

    3. Lugar ou moble destinado a gardar as armas.

    VER O DETALLE DO TERMO