"ECL" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 467.

  • Aplícase á consoante líquida nasal (ν) que en grego, para evitar o hiato, podía seguir facultativamente as vogais ε e ι das terceiras persoas do singular e do plural dalgúns tempos do verbo, dos dativos plurais da terceira declinación e de diversas palabras invariables.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que elixe ou ten dereito a elixir. Tm s.

    2. Persoa que reúne os requisitos legais para exercitar o dereito de sufraxio.

    3. Príncipe, civil ou eclesiástico do Sacro Imperio que tiña ao seu cargo o goberno dun electorado e elixía ao emperador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de emancipar ou emanciparse.

    2. Estado civil dunha persoa, intermedia entre a minoría e a maioría de idade, caracterizada pola extinción da patria potestade e que lle outorga ao menor de idade a capacidade de obrar semellante á que posúe o maior de idade.

    3. Proceso histórico-político de toma de conciencia dunha colonia que tende a reclamar a a súa independencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de emerxer.

    2. Reaparición dun astro despois da súa eclipse ou ocultación por outro.

    3. Ascensión de terra firme na zona litoral, por riba do nivel do mar, debido a diversos procesos xeomorfolóxicos e tectónicos.

    4. Proceso en que a zona intermareal queda ao descuberto polo refluxo mariño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente teolóxica iniciada no s XV que acentúa o papel do episcopado dentro da estrutura eclesial.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Declive abrupto de calquera terreo.

      2. Sector dun plano de falla que queda ao descuberto.

    1. Pequeno anaco de madeira ou doutro material que se crava na carne.

    2. Cortiza dunha árbore grosa e vella, especialmente de castiñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Institución colectiva, de carácter público ou privado, onde se instrúe ou educa.

    2. Escola que aplica métodos de pedagoxía activa.

    3. Escola primaria que, en diversas nacións europeas e desde mediados do s XIX, contemplaba o ensino da agricultura como un dos compoñentes do seu plano de estudos.

    4. Escola creada pola Igrexa para preparar, en principio, o clero; funcionaron desde o s IV ata a creación das universidades.

    5. Escola onde a tarefa de instrución e educación está condicionada por unha determinada confesión relixiosa.

    6. Sección dependente dos conservatorios de música que tiña como obxectivo a formación de actores.

    7. Escola ideada por Pavel P. Blonskij que uniu o método educativo baseado na natureza coas ciencias sociais e naturais, co traballo industrial e coas manifestacións literarias e artísticas; incorporou a escola á organización económica e social.

    8. Escola que, a diferenza da escola unitaria, desenvolve o ensino por graos en distintas aulas, cada unha co seu profesor correspondente.

    9. Centro escolar que admite alumnos ata os seis anos.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Superficie en pendente e lisa por onde se escorrega con facilidade.

    2. Aparato formado por unhas escaleiras e unha pista en declive, situada nos parques infantís, e que serve para que os nenos escorreguen por el desde arriba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. escribir.

    2. Que se expresa ou representa mediante a escritura.

    3. Calquera cousa escrita.

      1. Documento que se redacta para facer constar un acto ou contrato.

      2. Documento presentado á autoridade xudicial ou administrativa para reclamar un dereito ou formular unha petición.

      3. Escrito en que o que apelaba expoñía diante do tribunal superior os agravios que cría que recibira do inferior e demandaba que a sentenza destes fose revogada ou modificada.

      4. Escrito que, ao rematar a primeira instancia do xuízo, cada litigante presenta para compilar as súas probas e críticar as do contrario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sólido interior a unha superficie esférica constituído por todos os puntos que teñen unha distancia ao centro menor ou igual ca o raio.

      1. Corpo con forma de esfera ou semellante a ela.

      2. Esfera imaxinaria, concéntrica co globo terráqueo, en que se representan os astros, os seus movementos e tamén os diferentes círculos astronómicos (ecuador ou eclíptica).

      3. Rexión situada ao redor dun buraco negro que captura a luz que viaxa con ángulos determinados.

      4. Representación esférica a escala do globo terráqueo.

    2. Superficie sobre a que xiran as agullas do reloxo ou de calquera outro instrumento semellante.

    3. Espazo en que se exerce a acción, a influencia, o coñecemento, ou a actividade de alguén ou dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO