"Cide" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 449.

  • Proceso de xeración de portadores (electróns e buracos) que se produce cando unha radiación luminosa de enerxía suficiente incide sobre a superficie dun semicondutor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á reacción que ten lugar cando unha radiación γ incide sobre un núcleo atómico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resistencia que presenta un valor variable en función da luz incidente, que se emprega como fotodetector.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Francia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Francia.

    3. Lingua románica occidental, que pertence ao dominio galorrománico, idioma oficial de Francia, Bélxica, Suíza, Mónaco, Luxemburgo, e de territorios colonizados por Francia como Québec, Haití, Polinesia Francesa, Cambodia, Senegal e Camerún.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao fráncico.

    2. Lingua do xermánico occidental falada polos francos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Frisia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Frisia.

    3. Pobo de orixe xermánica instalado desde a Antigüidade nas costas do mar do Norte, entre a boca do Rin e a península de Xutlandia.

    4. Lingua xermánica que se divide nas variedades frisón occidental, falado no N dos Países Baixos, frisón oriental, que se fala en certos redutos do antigo Oldenburg, e frisón setentrional, na illa de Helgoland, na costa de Slesvig ao N de Husum e nas illas da mesma costa ata Sylt.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Friuli, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Friuli.

    3. Lingua románica occidental falada nas provincias de Udine, Gorizia e Pordenone (rexión de Friuli-Venecia-Xulia), que se engloba dentro do retorrománico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Susceptible de fundirse ou de ser fundido.

    2. Elemento ou dispositivo de protección do circuíto ou conxunto de circuítos dun aparato ou instalación contra as sobrecargas ou os curtocircuítos accidentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Galicia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Galicia.

    3. Lingua románica que se fala na actual Galicia administrativa e nas comarcas estremeiras da Terra Eo-Navia (Asturias), Os Ancares Orientais e O Bierzo Occidental (León) e As Portelas (Zamora), ademais do grupo dialectal que se fala en Cáceres e que comprende os falares de San Martín de Trevejo, Eljas e Valverde del Fresno.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Espazo arquitectónico interior sostido por arcos ou columnas, ás veces con vidreiras aos dous lados ou nun só.

      2. Balcón cerrado con vidreiras construído na fachada exterior dunha casa, que ten a súa orixe nos balcóns, solainas e galerías abertas características da arquitectura tradicional galega do s XVII.

    1. Camiño subterráneo escavado para o acceso á explotación dunha mina.

    2. Balcón que se abría na popa dos navíos sobre a prolongación das cubertas. Nas unidades de tres cubertas había dous balcóns, un correspondente á camara alta e outro á do medio.

      1. Colección de pinturas e outras obras de arte, que poden ser públicas (mostran as obras cun fin expositivo) ou privadas (buscan a venda da obra exposta).

      2. Establecemento público, xeralmente de carácter privado, dedicado á exhibición e á venda de obras de arte.

    3. Lugar destinado ao público en certos espectáculos.

    4. Banda alongada de vexetación diferenciada que segue a ribeira dun río ou outro accidente do relevo.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO