"nicar" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 72.

    1. Que comunica ou serve para comunicar.

    2. Que ten facilidade para facerlle chegar á xente o que quere transmitir. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar a coñecer algunha cousa a alguén.

    2. Transmitir unha persoa ou unha cousa algo inmaterial que lle é propio.

    3. Poñer en contacto dalgunha forma persoas, cousas ou espazos. Tm v pron.

    4. Establecer unha comunicación entre un emisor e un receptor. Tm v pron.

    5. Estar ocupada a liña do teléfono ao que se chama.

    6. Establecerse unha comunicación a través dun código determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Citar ou avisar aos interesados para que asistan a un lugar, a algunha cita ou reunión, ou para que participen nun acto xuntamente con outros.

    2. Comunicar publicamente a data e as condicións para poder participar nun concurso, nunha oposición ou nunha competición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade monetaria de Nicaragua. Subdivídese en 100 centavos. Ata 1990 coñecíase co nome de nuevo córdoba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de danzar.

      1. Composición musical e serie de movementos que se realizan seguindo os pasos do baile ou o ritmo da música.

      2. Danza típica da festa do Corpus conservada en Galicia en poucos lugares a partir do s XIX.

      3. Danza documentada desde o s XVI para conmemorar o desenvolvemento da captura dun dragón que saía da súa cova para levar as mozas da vila.

      4. Danza en que os bailadores levan arcos ataviados con fitas de cores.

      5. Danza bailada por un grupo de seis a doce persoas na que cada unha delas colle unha fita de cor que está prendida nunha pértega, que ás veces leva enriba un boneco que se move ao ritmo da danza.

      6. Danza de orixe moi antiga, que se documenta en toda a Península Ibérica, e na que participan entre oito e dezaseis bailaríns que danzan cun pau na man que se suxeita con fitas ao pulso e que levan un guía e, ás veces, van acompañados dun personaxe semellante ao rabelo.

    2. Espectáculo de persoas que danzan.

    3. Asunto pouco claro e sospeitoso.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Manifestar alguén publicamente algunha cousa.

      2. Dicir alguén, perante a autoridade competente, todo o que sabe sobre os feitos que se xulgan ou se investigan. Tm abs.

      3. Comunicar pública e oficialmente o inicio dunha acción hostil.

    1. Comunicar á autoridade competente, os produtos que se transportan para efectuar o pagamento correspondente do seu imposto. Tm abs.

    2. Dar a coñecer, pública ou oficialmente, alguén que ten autoridade para facelo, a súa consideración sobre o estado ou a condición de algo ou de alguén.

    3. Manifestarse ou comezar a producirse algunha cousa.

    4. Expresar alguén o seu estado ou condición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comer algo aos poucos ou en anacos pequenos.

    2. Quitar os pétalos a unha flor un a un, ou as follas a unha planta.

    3. Arrincar, certos animais, as partes máis tenras das plantas cos dentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actuar sobre un embrague de xeito que a parte condutora dunha transmisión deixe de comunicarlle movemento á parte conducida. Tm abs.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de despachar.

    2. Cuarto destinado ao estudo ou ao traballo.

    3. Lugar en que se vende algo.

    4. Comunicación transmitida por unha vía rápida.

      1. Comunicación escrita oficial entre o goberno dun Estado e os seus representantes diplomáticos no estranxeiro.

      2. Comunicación escrita que empregan os tribunais e xulgados para comunicarse entre si ou para dirixirse a outros organismos.

    5. Conxunto de trámites burocráticos seguidos pola administración aduaneira para dar curso ás importacións ou ás exportacións de mercadorías e para materializar o dereito á percepción de dereitos arancelarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade dun produto farmacoloxicamente activo que provoca un efecto determinado.

    2. Cantidade dunha substancia que se engade a outras para elaborar algo.

    3. Cantidade de algo.

    4. Magnitude física que expresa a cantidade de enerxía cedida por unha radiación que ioniza a unidade de masa irradiada.

    5. Enerxía que unha radiación de referencia ten que comunicar á unidade de masa dun tecido para producir o mesmo efecto biolóxico ca a dose absorbida da radiación estudada.

    6. Número de copias dun xen presentes nun núcleo ou nunha célula.

    VER O DETALLE DO TERMO