"hidroxen" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 41.

  • Proceso de refinado de gasolina de destilación directa a gasolina de cracking pola acción do hidróxeno. Trátase dunha hidroxenación non destrutiva, realizada a temperaturas baixas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada que indica a presenza de hidróxeno non substituído na molécula dun sal ácido ou no anión correspondente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capacidade de certos metais e aleacións de disolver átomos de hidróxeno na súa rede cristalina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tratamento químico que se aplica ás graxas naturais destinadas á elaboración de alimentos, que consiste na saturación dos dobres enlaces dos ácidos graxos por hidoxenación catalítica con níquel.

    2. Reacción que se produce entre o hidróxeno molecular e un composto orgánico en presenza dun catalizador. Pódense diferenciar dous tipos: a de adición ou de saturación, nesta reacción o hidróxeno engádese a un dobre ou triplo enlace sen rompelo, e a destrutiva ou hidroxenólise.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se somete a hidroxenación.

    2. Que contén hidróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Someter unha graxa a hidroxenación.

      1. Reducir unha substancia pola acción do hidróxeno.

      2. Combinar unha substancia con hidróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Elemento químico da táboa periódica que ten número atómico 1 e peso atómico 1. É o gas máis lixeiro de todos os gases e as súas moléculas son diatómicas. Case é inexistente en estado libre ou non combinado, e en estado combinado, forma parte da auga e unido ao osíxeno, ao carbono, ao nitróxeno e ao xofre, forma parte de todas as plantas e dos tecidos animais. É  un gas industrial de grande importancia, con aplicacións na síntese do amoníaco e na hidroxenación dos aceites de peixe e dos aceites de hulla e na fabricación do metanol e dos carburantes sintéticos.

      2. Composto que se emprega en solución acuosa, denominada ácido bromhídrico.

      3. Composto que se emprega xeralmente en solución acuosa, denominada ácido cianhídrico.

      4. Composto gasoso moi empregado na industria, case sempre en forma de solución acuosa, denominada ácido clorhídrico.

      5. Composto que se emprega xeralmente en solución acuosa, denominada ácido fluorhídrico.

      6. Composto que se emprega xeralmente en solución acuosa, denominada ácido iodhídrico.

      7. auga osixenada.

      8. Composto que se emprega xeralmente en solución acuosa, denominada ácido sulfhídrico.

    1. Electrodo de platino ao redor do que burbulla hidróxeno. Adóitase tomar como potencial cero dun electrodo de hidróxeno, na presión atmosférica, nunha solución de ións hidróxeno de actividade unidade. Emprégase como electrodo de referencia.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao átomo que, como o hidróxeno, só ten un electrón orbitando o núcleo, polo que o seu espectro pode ser interpretado de maneira similar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción química semellante á hidrólise, na que se produce a ruptura dun enlace dunha molécula por acción do hidróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo fisiolóxico de bacterias que teñen a propiedade de utilizar o hidróxeno como fonte de enerxía.

    VER O DETALLE DO TERMO