"eritro" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 77.

  • Eritrocito que presenta unha forma elíptica ou oval por mor dun defecto na membrana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de anormalidade funcional ou estrutural nun ser vivo.

    2. Enfermidade ocasionada pola falta na dieta dun composto necesario para o normal desenvolvemento fisiolóxico.

    3. Enfermidade dexenerativa do sistema nervioso central que representa o tipo máis frecuente de demencia presenil. Remata con trastornos neurolóxicos, demencia total, caquexia e morte do individuo.

    4. Encefalopatía esponxiforme transmisible (EET) que afecta ao sistema nervioso central, que aparece na idade adulta, e que é causada por unhas proteínas con capacidade infectiva ou prións. OBS: Tamén se denomina encefalopatía esponxiforme humana.

    5. enterite rexional.

    6. Desorde gastrointestinal que se produce por unha substancia antitiamínica (antivitamina B 1 ), que está presente nas vísceras dos peixes e está relacionado coa inxesta das vísceras ou polo consumo do peixe mal cociñado.

    7. Linfoma que se caracteriza pola presenza de linfocitos atípicos de gran volume con diversos núcleos e nucleolos prominentes.

    8. Neuropatía que se produce por inxestión de peixe contaminado con metilmercurio.

    9. Carcinoma da mama, de tipo canicular, que se manifesta cunha lesión indurada e escamosa ou ulcerada na mamila.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • eritromelalxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula proxenitora dos eritrocitos que se localiza nos órganos hematopoéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formación excesiva de eritroblastos, fenómeno que se observa en distintos estados patolóxicos.

    2. Presenza de eritroblastos no sangue.

    3. Enfermidade hemolítica e conxénita que afecta aos bebés, tanto na súa etapa intrauterina como de neonato, que se caracteriza pola aglutinación e fagocitose das súas hemacias por parte do sistema inmunitario da nai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula sanguínea anucleada sanguínea cuxa función é actuar, grazas á presenza de hemoglobina, como vector de O 2 e CO 2 , fundamental para a respiración tisular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento anormal do número de glóbulos vermellos do sangue circulante que pode observarse en diversas enfermidades. OBS: Tamén se denomina policitemia ou poliglobulia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección cutánea que se caracteriza principalmente por un eritema ou arrubiamento universal, é dicir, en toda a superficie cutánea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección que afecta ás extremidades, especialmente ás inferiores, que se caracteriza por unha vasodilatación paroxística bilateral, con arrubiamento cutáneo, edema, aumento da temperatura e crises dolorosas.

    VER O DETALLE DO TERMO