"Xest" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 462.

  • Adquirir xestos ou maneiras propios de muller.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Resina fósil de diversas coníferas, que pode ser de cor amarela, azul ou translúcido e pode conter fósiles en inclusión.

    2. Substancia de consistencia cerosa, de cor gris negra e con olor de almiscre, situada no tubo dixestivo dos cachalotes e doutros cetáceos mariños, que se emprega en perfumaría como fixador e como tintura.

    3. acibeche.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Afección profunda por unha persoa.

      2. Adhesión intensa e desinteresada a unha cousa, a uns principios ou a mandatos semellantes.

    1. Obxecto de amor, persoa estimada.

    2. Inclinación ou afección profunda por unha persoa baseada na atracción sexual, pero que a miúdo produce outros sentimentos.

    3. Expresión coa que se designa a concepción amorosa dominante na literatura medieval e que arranca coa primeira tradición lírica que se expresa en lingua vulgar, a poesía provenzal.

    4. Amor que exclúe conscientemente a relación sexual.

    5. Estima que ten alguén por si mesmo e o que leva a non deixar que ninguén se exceda con el.

      1. Cortexar ou facer as beiras para obter o amor e os favores dunha persoa.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ser vivo eucariótico, pluricelular e heterótrofo por inxestión. Adoitan ter un aparato locomotor e un plexo ou sistema nervioso. Os animais presentan unha gran complexidade de tecidos, órganos, aparatos e sistemas, e as súas células son moi diferentes en cada caso.

      2. Un dos reinos en que se clasifican os seres vivos.

    1. Calquera dos outros animais, en oposición ao ser humano.

    2. Relativo ou pertencente aos animais.

    3. Que se comporta de maneira groseira, ruda, intratable ou que actúa con pouco raciocinio. Tm s.

      1. Calquera animal non humano.

      2. Especie humana, en contraposición a animal irracional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orificio contráctil da fin do tracto dixestivo, a través do que o animal expulsa os residuos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Falta de conformidade ou irregularidade con respecto a unha regra xeral.

      2. Irregularidade, particularmente orgánica, que presenta un individuo ou grupo de individuos respecto aos outros da mesma especie.

      3. Desviación dunha magnitude metereolóxica do seu valor normal.

      4. ariación dunha magnitude xeofísica debida á distribución irregular das masas na codia terrestre.

    1. Cousa anómala.

      1. Distancia angular, tomando como centro o Sol, desde o perihelio dun planeta ata o punto da órbita en que se localiza o planeta ou en que se localizaría, se o seu movemento fose uniforme.

      2. Arco de eclíptica, contado en sentido directo, que vai desde a liña das ápsides ata o Sol.

    2. Trastorno producido a consecuencia dunha alteración na formación ou no desenvolvemento dun ou de diversos órganos do embrión ou do feto durante a xestación.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer antes ou diante. Tm v pron.

    2. Preferir unha cousa a outra.

    3. Outorgar prioridade ou preferencia dunha cousa sobre outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Inflamación total ou parcial do istmo da farinxe.

      2. Cadro de dor abdominal causada por unha diminución da irrigación sanguínea dos intestinos.

      3. Inflamación flegmonosa da base da boca, consecuencia da supuración da glándula salival submaxilar.

      4. Síndrome caracterizada pola dor ou constrición na rexión anterior do tórax.

    1. Enfermidade dos animais de pata redonda que consiste na inflamación das primeiras vías respiratorio-dixestivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anulación ou diminución das funcións químicas dixestivas.

    VER O DETALLE DO TERMO