"Romani" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 31.

    1. Que deriva da lingua ou da literatura latina.

    2. Que se falaba na Romania cando xa se diferenciaba claramente do latín. Tm s m, referido a lingua vulgar.

      1. Narración novelesca extensa, en verso ou prosa, das aventuras dun heroe.

      2. Poema escrito en versos con rima normalmente asonante nos pares.

    3. Relación amorosa entre dúas persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao románico.

    2. Aplícase ao primeiro estilo europeo do Occidente cristián medieval, que se practicou durante os ss XI, XII e XIII, e que afectou a todas as artes, e que se caracterizou en arquitectura por presentar muros macizos, arco de medio punto, bóveda de canón, ábsidas semicirculares cubertas con bóveda de pedra e planta de cruz latina.Tm sm.

    3. Conxunto de linguas derivadas do latín vulgar, como o galego, o portugués, o asturleonés, o castelán, o aragonés, o catalán, o occitano, o francés, o italiano, o romanche e o romanés.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade ou feito de ser romano.

    2. Carácter ou espírito propio dos romanos.

    3. Conxunto das terras e homes que formaron parte do Imperio Romano.

    4. Espírito propio da Igrexa católica, das súas normas e da súa liturxia, fronte aos usos das igrexas particulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corrente artística europea de finais do s XVI e comezos do s XVII, que se caracterizou por seguir a escola romana do s XVI.

    2. Doutrina particular da Igrexa romana na linguaxe das confesións cristiás non católicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao romanismo.

    2. Persoa versada en dereito romano.

    3. Persoa versada en romanística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia, fundada por F. Diez, que estuda as linguas e as literaturas románicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos romanistas ou á romanística.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de romanizar ou romanizarse.

    2. Proceso de implantación da organización e da cultura de Roma en todo o Imperio Romano. A unidade política foi seguida da unidade cultural, facilitada polo uso do latín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que romaniza. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Difundir nun país a civilización, as leis e os costumes romanos, especialmente con relación á expansión da antiga Roma.

    2. Adoptar, os non romanos ou non latinos, os usos e costumes dos romanos.

    VER O DETALLE DO TERMO