"Renn" (En toda a entrada)
Amosando 10 resultados de 194.
-
-
Herba perenne da familia das asteráceas, de ata 60 cm de altura, cun pequeno rizoma do que parte unha roseta de follas ríxidas e ásperas, e un talo piloso, acabado nun capítulo amarelo, solitario.
-
Extracto alcohólico de árnica que posúe propiedades medicinais vomitivas e estimulantes do sistema nervioso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herba perenne da familia das aráceas, de ata 75 cm de lonxitude, que presenta un tubérculo horizontal e follas pecioladas e saxitadas. As flores dispóñense nun espádice cuberto por unha espata branca ou branca verdosa. Os froitos son baias vermellas e velenosas dispostas nunha espiga de ata 15 cm de lonxitude, especialmente patente ao desaparecer a espata na madureza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herba anual ou perenne, da familia das escrofulariáceas, que pertence ao xénero Linaria e que se caracteriza por presentar follas enteiras, a corola das flores cunha prolongación tubular coa gorxa pechada por unha protuberancia bilobulada, e froitos en cápsula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herba perenne do xénero Artemisia, da familia das asteráceas, de follas alternas pinnatífidas ou pinnatisectas e capítulos florais amarelos en inflorescencias paniculadas ou en acios.
-
-
Planta herbácea perenne da familia das apiáceas, que presenta follas en forma de vaíña e divididas en lóbulos con flores amarelas e froitos en cápsulas estreladas. As súas raíces son comestibles.
-
Resina gomosa de cheiro forte e de sabor amargo, que se extrae da raíz da asafétida e que se emprega en medicina, en veterinaria, en perfumaría e como condimento.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás asclepiadáceas.
-
Planta da familia das asclepiadáceas.
-
Familia de plantas herbáceas perennes ou arbustos. Presentan follas sinxelas e opostas xunto con flores hermafroditas, actinomorfas e pentámeras. Atópanse principalmente nas áreas tropical e subtropical.
-
-
-
Planta herbácea perenne da familia das asteráceas, de talos moi ramificados, con follas bipinnatisectas e con capítulos colgantes, dispostos en panículas, de flósculos amarelos. Emprégase como tónico estomacal e como vermífugo e con el elabórase o licor do mesmo nome.
-
Bebida alcohólica, de 50 a 60 graos, de cor verde clara que se obtén por destilación da mestura da maceración das follas do asente con anís e outras herbas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta do xénero Rhododendron da familia das ericáceas, que ten follas perennes e flores simples ou dobres nunha ampla gama de cores, principalmente rosa, vermello ou branco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena árbore perenne, da familia das iliáceas, de follas alternas, carentes de estípulas e con flores hermafroditas, que presenta froitos que constitúen o anís estrelado, usado como aromatizante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea perenne, da familia das solanáceas, que dá froitos en baga negros. É velenosa xa que actúa sobre o sistema nervioso vexetativo paralizando a súa actividade.