"Ravel" (En toda a entrada)

Amosando 9 resultados de 29.

  • Utensilio de albanelaría, de diversos materiais, que consiste nunha prancha rectangular cunha asa no centro, e que se emprega para depositar a masa que se vai aplicar nunha superficie ou para alisala despois de aplica

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido oleoso, incoloro ou debilmente amarelo, que se obtén do aceite esencial do caravel, da pementa, da canela e do azafrán. Emprégase en perfumaría e en odontoloxía, como antiséptico e analxésico.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Insecto ortóptero, da familia dos grílidos, que ten un corpo grande e robusto, cabeza grosa provista de dous ollos compostos e un par de antenas longas, e coloración parda escura. As ás anteriores atópanse endurecidas e as posteriores son moi pequenas ou desapareceron. Son insectos cantadores, e o macho produce un son agudo moi característico rozando os élitros.

      2. Insecto, de cor negra e marrón, con patas poderosas e ás ben desenvolvidas. Son omnívoros, aínda que se alimentan preferentemente de vexetais. Teñen costumes diúrnas e pódense localizar en todas as partes.

      3. Insecto de cor marrón, abundante en fornos, pedras de cociña, lixo e en todos aqueles lugares onde a temperatura é maior á normal.

    1. Peza do muíño, pertencente ao seu mecanismo de rotación, situada na parte inferior do veo, entre o touzo do rodicio e a ra, e que consiste nun cono metálico coa punta redondeada.

    2. Insecto ortóptero, da familia dos grilotálpidos, de corpo robusto, o primeiro par de patas moi desenvolvido e transformado nun órgano escaravellador, co que abren galerías subterráneas, onde habitan.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea perenne, da familia das escrofulariáceas, perenne, de talos glabros inferiormente e pubescente-glandulosos na inflorescencia, follas enteiras lanceoladas, flores de cor rosácea agrupadas en acios terminais e froitos en cápsula.

    2. Planta herbácea perenne, da familia das ranunculáceas, perenne, de talos reptantes con nós dos que brotan as raíces, follas basais con segmentos peciolados e flores de cor amarela brillante. É unha planta velenosa para o gando.

    3. Planta herbácea da familia das ranunculáceas, cos talos rastreiros, follas con pecíolo envaiñante na base e o limbo en forma de ril, flores grandes e de cor branca e froito de tipo aquenio con pico longo.

    4. lesta.

    5. armol.

    6. cordeiro de praia.

    7. alleira.

    8. Planta herbácea perenne, da familia das primuláceas, perenne, de talo ergueito, follas pequenas simples e opostas, e flores amarelas dispostas en panículas terminais.

    9. Planta herbácea perenne, da familia das apocináceas, de talo entre ergueito e tumbado, follas ovadas, con base obtusa e opostas e flores dispostas en talos ergueitos, coa corola branquiazul en forma de tubo que se ensancha en cinco lóbulos.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hidrofílidos.

    2. Insecto da familia dos hidrofílidos.

    3. Familia de insectos pterigotos da orde dos coleópteros integrada por escaravellos de cores escuras, seis segmentos abdominais, antenas rematadas en maza e corpo deprimido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contraveleno composto dun gran número de ingredientes, que foi empregado durante séculos contra os envelenamentos como antídoto universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pegada que deixa algo ou alguén cando pasa por un lugar.

    2. bicheiro.

    3. Ferramenta que consiste nun mango longo cun traveseiro nun dos extremos provisto de puntas de madeira ou de ferro para recoller algo e para escaravellar a terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sílfidos.

    2. Insecto da familia dos sílfidos.

    3. Familia de insectos pterigotos da orde dos coleópteros, formada por escaravellos de tamaño mediano, de cores escuras, ás veces con manchas vermellas ou amarelas, e con antenas que teñen as últimas articulacións grosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica de filmación que consiste en desprazar lentamente unha cámara montada sobre un soporte móbil.

    2. Plataforma móbil sobre a que se coloca a cámara cinematográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO