"Malm" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 400.

    1. Reunión de dous vasos ou nervios, directamente ou mediante un terceiro.

      1. Comunicación artificial entre dous condutos orgánicos normalmente separados, con fins terapéuticos.

      2. Comunicación de tipo terminal-lateral ou lateral-lateral entre as veas porta e cava que se efectúa para derivar o sangue da porta ao corazón, evitando o fígado, para diminuír a hipertensión portal nas enfermidades cirróticas e tratar a hemorraxia das varices esfáxicas.

    2. Proceso polo que o curso dun río presenta unha serie de canles que se entrecruzan formando unha rede non xerarquizada, polo que se acaban formando ínsuas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Situación patolóxica común a moitas enfermidades en que normalmente se constata unha diminución do número de eritrocitos, da cantidade da hemoglobina ou do valor do hematocrito.

      1. Tipo de anquilostomiase que afecta os cans.

      2. Diminución da hemoglobina dos leitóns causada pola falta de ferro e sales cúpricos no leite que maman.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Óxido que forma un oxiácido ao combinarse coa auga.

    2. Denominación xenérica dos compostos orgánicos que conteñen o grupo -CO-O-CO- e derivan formalmente dos ácidos dicarboxílicos ou de dúas moléculas de ácido monocarboxílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tautomería en que as estruturas se diferencian pola posición dun átomo ou dun grupo de átomos que son quen de dar un anión estable de tal forma que o paso dunha estrutura a outra se pode considerar formalmente causada pola migración dun anión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que evita a acumulación de cargas eléctricas estáticas.

    2. Composto que lle proporciona condutividade suficiente a superficies normalmente non condutoras para evitar que se acumulen cargas eléctricas estáticas, producidas por fricción.

    3. Aplícase a aparatos destinados a converter o aire en condutor por ionización.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. estimenta formada polo conxunto de pezas de ferro que protexía o corpo dos antigos combatentes.

    2. Conxunto de pezas unidas entre si que constitúen a parte ríxida que sostén un obxecto.

    3. Conxunto de barras ou cables de aceiro que forman o esqueleto dunha peza de formigón.

    4. Peza metálica concibida para ser sometida á acción dun imán ou dun electroimán; normalmente é de ferro ou de aceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ascetosporos.

    2. Protozoo da familia dos ascetosporos.

    3. Familia de protozoos exclusivamente parasitos, con esporas normalmente pluricelulares e sen filamentos polares nin túbulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de asistir a un lugar.

    2. Conxunto dos asistentes.

    3. Acción de asistir a alguén.

    4. Pase da pelota a un xogador situado fronte á meta contraria e que ten como resultado a consecución dun tanto.

    5. Dereito irrenunciable que ten toda persoa detida a designar avogado para que o asista en todas as declaracións e dilixencias que se practican para a súa identificación.

    6. Conxunto de servizos que mantén a administración pública para axudar, case sempre gratuitamente, aos que non dispoñen de medios económicos para satisfacer as súas necesidades ineludibles.

    7. Conxunto de actividades públicas ou privadas que teñen como finalidade axudar a persoas e satisfacer as necesidades que non estean ao alcance dos seus medios.

    8. Función propia do avogado especialmente necesaria nos litixios nos que normalmente non lle son recoñecidas ás partes litigantes a posibilidade de intervir persoalmente para defender os seus dereitos diante dos tribunais.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Falta de ton muscular e da tensión ou vigor normal dos órganos.

      2. Perda ou falta da capacidade de contracción dun tecido normalmente contráctil.

      3. Diminución ou perda das contraccións do útero no momento do parto.

    1. Falta de enerxía ou vitalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade ou maneira de ser considerada como propia de alguén ou dalgunha cousa.

    2. Obxecto característico que acompaña normalmente á descrición ou á representación de certos personaxes ou de certas ideas personificadas.

    3. Unidade lingüística que expresa unha calidade ou estado do substantivo ao que se une a través dun verbo copulativo como ser ou estar.

      1. Calidade ou carácter da substancia na que, sen pertencer á esencia do suxeito, se fundamenta.

      2. Cousa que se afirma ou nega dun suxeito; neste sentido, confúndese co predicado.

    4. Cada unha das perfeccións esenciais de Deus.

    VER O DETALLE DO TERMO