"Imperia" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 33.

    1. Nome dado á corte imperial xaponesa.

    2. Título atribuído ao emperador de Xapón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Práctica imperialista dos países industrializados, a partir da descolonización, sobre as antigas colonias e os países subdesenvolvidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de metais feita de cobre e cinc, usada como fundamento nas cuñacións imperiais romanas desde Augusto ata 268 para as moedas de máis valor das divisionarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cabaleiro moi valeroso na guerra, distinguido polas súas fazañas.

      2. Heroe cabaleiresco, derivado de comes palatinus e de palatinus, títulos aplicados aos funcionarios da corte imperial. Segundo a tradición, referíase aos doce cabaleiros enviados a Hispania por Carlomagno para combater os infieis.

    1. Defensor decidido de algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao palacio dun soberano.

    2. Relativo ou pertencente ao palacio pontificio.

    3. Que vive ou traballa no palacio dun soberano.

    4. Persoa que exercía, na época imperial, algunha función no palacio, xa fose na administración de bens, na redacción de constitucións e outros mandatos ou no cortexo do emperador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina imperialista que, fundamentándose na necesidade de buscar mercados e saídas para a economía alemá, pretendía unir nun grande imperio todos os pobos de orixe xermánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Dignidade e cargo de prefecto.

      2. Época e duración do goberno dun prefecto.

      3. Conxunto de prefectos dun país.

      1. Edificio onde o prefecto reside ou exerce o seu cargo.

      2. Conxunto de edificios, na Roma imperial, constituídos por arquivos, a oficina do prefecto e as salas onde se comunicaban as súas decisións.

      1. Unidade administrativa territorial de primeira orde, propia de diversos estados.

      2. Territorio gobernado por un prefecto.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa posta á fronte dunha xunta ou dunha comunidade.

    2. Título xenérico do superior dalgunhas ordes ou congregacións relixiosas.

    3. Título análogo ao de prefecto, na Roma imperial, que indicaba o xefe de funcionarios fóra dos cadros regulamentarios do exército e da administración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Funcionario das chancelarías imperiais de Oriente e Occidente na Idade Media, e da curia romana encargada de administrar o tesouro fiscal e as esmolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á dinastía song.

    2. Membro da dinastía song.

    3. Dinastía imperial chinesa fundada por Zhao Kuangyin (960), con capital en Bian, actual Kaifeng, que perdeu o seu poder entre os ss XII e XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO