"ILi" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 6719.

    1. Dificultade ao respirar.

    2. Sensación desacougante desencadeada por situacións de difícil resolución ou de moita responsabilidade.

    3. Alento que fede.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer algo en equilibrio aumentando ou sacando peso.

    2. Lanzar algo con violencia contra algo ou alguén.

    3. Tirarse con violencia caendo sobre un obxecto ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. abaloira.

    2. Apoio do berce que facilita o seu balanceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abandonar ou abandonarse.

    2. Delito cometido por un funcionario ou por un militar ao abandonar voluntariamente e sen consentimento de superiores o posto ou as funcións ás que foi destinado.

    3. Abstención voluntaria, por parte do interesado nun procedemento xudicial ou administrativo, de actuar no tempo preestablecido para exercer unha acción ou recurso legal.

    4. Renuncia a proseguir nunha competición.

      1. Acción de abandonar a tripulación unha embarcación por un perigo inminente.

      2. Sinal feito con asubío, timbre ou toque de corneta para indicar á tripulación dunha embarcación a necesidade de abandonala e ocupar os lugares correspondentes nos botes salvavidas.

    5. Delito que consiste no incumprimento voluntario dos deberes de asistencia derivados do matrimonio, da patria potestade ou da tutela.

    6. Cesamento, planificado ou espontáneo, da actividade agraria nunha superficie determinada motivado pola perda de rendibilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Utensilio que serve para dar aire e alviar a calor, formado por unha lámina rectangular de tea ou papel pegada por un dos lados a unha vara que fai de mango.

      2. Utensilio, xeralmente feito de vergas entretecidas ou de palla, que serve para avivar o lume.

    1. Gama ou serie de cousas diversas que comparten algunha característica común e entre as que hai que escoller.

    2. Caixa de fondo amplo e sen buracos con bordo baixo que se emprega para aventar cereais.

    3. Golpe ou refacho de vento.

    4. cono de dexección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abanar o barrelo para tranquilizar ou facer durmir os nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Imposibilidade de camiñar.

    2. Abasia propia dos enfermos que sofren corea de Sydenham.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abater ou abaterse.

    2. Estado de debilidade física en que se atopa unha persoa.

    3. Movemento de rotación que porta un plano e as figuras que contén sobre outro plano, e que ten o eixe de rotación na recta de intersección de ambos os dous planos.

      1. Derivación no rumbo dun barco cara a sotavento a causa do vento.

      2. alor do ángulo formado polo rumbo real e o rumbo aparente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Presunto secuestro realizado por seres extraterrestres.

    2. Movemento polo que un membro ou órgano calquera se afasta do plano medio do corpo.

      1. Siloxismo en que a maior premisa é evidente de seu, en tanto que a menor, polo tanto a conclusión, soamente é probable.

      2. Hipótese explicativa inferida a partir dunha serie de datos, pero de natureza cualitativamente distinta da que resultaría dunha indución sinxela.

    3. Acción de levar a alguén contra a súa vontade do lugar onde vive normalmente valéndose da violencia ou de enganos.

    4. Dislocación ou ruptura dunha formación militar, na Roma antiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma substantivada de ABC que se utiliza para designar o alfabeto.

    2. Nocións básicas que se deben coñecer dunha ciencia ou arte para achegarse a ela.

    VER O DETALLE DO TERMO