"Campi" (En toda a entrada)

Amosando 5 resultados de 25.

      1. Acción e efecto de dividir ou dividirse.

      2. Operación aritmética, inversa á multiplicación, que consiste, dados os números a (o dividendo) e b (o divisor), en localizar un número c (o cociente), de maneira que o produto bxc sexa igual a a.

      3. Especialización das unidades económicas ou traballadores nunha tarefa determinada que constitúe unha parte do proceso produtivo completo.

      4. Conxunto de dúas parellas de puntos A,B e C,D dunha mesma recta, tales que os dous puntos dunha mesma parella dividen o segmento formado polos outros dous puntos nas razóns opostas AC/AD = BC/BD.

      1. Cada unha das partes ou grupos en que se divide algo.

      2. Categoría sistemática, sinónima de filo, que se emprega nos vexetais, en que se dividen os reinos e que agrupa as clases.

      3. Clasificación dos seres vivos en categorías sistemáticas.

      4. Conxunto de equipos que participan nun campionato deportivo estruturado de xeito xerárquico ben en función de méritos deportivos contraídos con anterioridade, ben porque, sen reuniren eses requisitos, cumpren outras condicións requiridas na regulamentación.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lasiocámpidos.

    2. Insecto da familia dos lasiocámpidos.

    3. Familia de insectos da orde dos lepidópteros que se caracterizan polo corpo groso e peludo e pola espiritrompa máis ou menos atrofiada. Son macrolepidópteros nocturnos, coas ás de cores apagadas, aínda que con dimorfismo sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xogador que en determinados deportes ocupa a posición situada entre a defensa e a dianteira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Sardeña ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Sardeña.

    3. Lingua románica que se fala na illa de Sardeña e que comprende os dialectos sasarés e galurés ao N; logudorés e nuorés no centro; e campidanés ao S.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se clasificou en segundo lugar ao rematar un campionato. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO