"Ardea" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 41.

    1. Calidade de excelente.

    2. Tratamento honorífico outorgado, antigamente, aos emperadores e aos reis; logo, estendeuse aos príncipes, aos duques soberanos, aos cardeais e aos bispos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alardear ou presumir con farois ou mentiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Columna de fume que sae por unha cheminea da Capela Sixtina coa que se anuncia, ao cabo das sesións do cónclave do colexio cardealicio, o resultado dos debates de elección do novo pontífice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave zancuda, da familia dos ardeidos, da orde dos ciconiformes, de costumes pescadores,que presenta o corpo gris e a cabeza e o colo brancos, cunha ampla banda negra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de implantar ou implantarse.

      1. Inserción dun implante.

      2. Anastomose cirúrxica terminolateral.

      3. Substancia, estrutura metálica ou sintética ou enxerto introducido cirurxicamente no tecido celular subcutáneo para dar soporte a unha prótese, conseguir unha liberación lenta do principio activo ou mellorar ou rexenerar a función dun órgano danado.

      4. Técnica cirúrxica que se emprega para o tratamento da xordeira bilateral profunda, que se basea na implantación dunha prótese que, mediante unha estimulación eléctrica directa sobre o nervio auditivo, produce no paciente unha sensación de audición.

    2. Fixación na mucosa uterina do ovo fecundado.

    3. Procedemento que consiste en bombardear un material con átomos ionizados de suficiente enerxía para penetrar máis alá da capa superficial do material.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que unha autoridade envía a outra para tratar un asunto no seu nome.

      1. Eclesiástico que representa o papa, xeralmente nun concilio.

      2. Cardeal enviado extraordinariamente polo papa, con amplísimas facultades, para que o represente ante un príncipe, un goberno ou un concilio.

    2. Delegado dos emperadores romanos encargado de representalos nunha provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Linde entre dous terreos.

    2. Elevación de terra que queda entre dous sucos ao labrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fin da vida.

    2. Fin de algo ou dunha actividade.

    3. Delito que consiste en matar a unha persoa sen que concorran circunstancias que dean lugar a outro delito especial.

      1. Símbolo da morte representado, xeralmente, por un esqueleto humano cunha gadaña ou por unha caveira centrada sobre unha aspa de dous ósos iguais.

      2. Representación plástica da morte.

    4. Privación dos dereitos civís e políticos que impón a lei a unha persoa.

    5. Privación da benaventuranza, da vida eterna.

    6. Situación fundamental de triunfo absoluto do nihilismo inherente á tradición do pensamento occidental, desde a que Nietzsche desenvolve a reflexión desta filosofía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título co que se designa o bispo de Roma e cabeza da Igrexa católica. Elixido desde 1059 polos cardeais reunidos en conclave, pode ser designado como papa calquera católico de sexo masculino.

    VER O DETALLE DO TERMO