"Ader" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 73.

  • Encadernación que se fai con tapas de cartón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición breve que serve de letra a unha cantiga popular ou outra que a remeda. Corresponde a unha combinación de catro versos octosílabos, con rima asonante nos versos pares e sen rima nos impares.

    2. Composición de oito versos octosílabos distribuídos en dúas semiestrofas de catro versos, con catro rimas consonantes diferentes cruzadas ou abrazadas. Procede, posiblemente, da lírica galego-portuguesa.

    3. Estrofa de rima consonante que na Idade Media substituíu á caderna vía e que posteriormente foi relegada polo auxe dos hendecasílabos, da oitava real e do soneto. Consta de oito versos de arte maior, polo común dodecasílabos, con dúas ou tres rimas consonantes diferentes, cruzadas ou abrazadas e organizadas de catro en catro. Os versos cuarto e quinto adoitan rimar entre eles. Algúns teóricos afirman que a súa orixe está na poesía medieval galego-portuguesa. Empregouse con asiduidade na lírica culta castelá do s XV.

    4. Estrofa formada, polo común, por oito versos octosílabos, con tres rimas consonantes diferentes cruzadas ou abrazadas. Foi habitual na poesía popular ata a segunda metade do s XV.

    5. Estrofa que consta de seis versos, catro octosílabos e dous pés crebados tetrasílabos, isto é, que se organiza en dous tercetos octosílabos simétricos rematados cada un deles nun cuarto verso tetrasílabo. Ten rima consonante. OBS: Tamén se denomina dobre sextilla, copla manriqueña ou copla de Jorge Manrique.

    6. Molde métrico que pode ter de sete a doce octosílabos e un número variable de rimas, con ou sen enlace entre as dúas semiestrofas. Procede da poesía occitana medieval e seguiu empregándose ata o Século de Ouro español.

    7. Estrofa de dez versos octosílabos consonantes distribuídos en dúas semiestrofas de cinco versos con rimas diferentes, proliferou nos cancioneiros casteláns dos ss XV e XVI. OBS: Tamén se denomina décima falsa, estancia real ou quintilla dobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que cose. Tm s.

    2. Aparato empregado para coser, particularmente o que emprega o encadernador para coser libros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de coser.

    2. Serie de puntadas coas que se coseu algunha cousa.

    3. Operación consistente na unión dos pregos de calquera impreso que vai ser encadernado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pasar un fío, xeralmente mediante unha agulla, a través dun tecido téxtil para xuntar dous anacos ou facer outros labores.

      2. Xuntar os dous bordos dun tecido orgánico mediante puntos de sutura.

      3. Facer a cosedura nunha encadernación.

    1. Realizar labor de costura.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Óso plano e arqueado que forma as paredes da cavidade torácica e que serven para protexer os pulmóns e o corazón.

      2. Costela inferior e máis pequena do costelar.

    1. Óso de certos animais coa carne pegada, que se toma como alimento.

      1. Calquera peza con forma similar a unha costela do corpo.

      2. Cada unha das tiras que constitúen as canizas do carro.

      3. Elemento estrutural das superficies de sustentación e de mando dunha aeronave, que fai de soporte do revestimento.

      4. caderna.

    2. Prominencia elevada e alongada que resalta na superficie de froitos e follas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caderno de manuscritos composto por catro follas de pergameo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condimento de composición variable que se utiliza como aderezo e sazonador para peixes, aves e arroces.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que corresponde a cada día.

      2. Que se realiza todos os días.

    1. Periódico que se publica cada día.

    2. Texto autobiográfico en que se realiza unha constatación minuciosa de feitos de cada día, pensamentos ou estados de ánimo.

    3. Libro de contabilidade obrigatorio onde se rexistran todas as operacións comerciais, activas e pasivas, realizadas diariamente e por orde cronolóxica.

    4. Libro en que os maquinistas que están a bordo de buques rexistran datos relacionados co funcionamento das máquinas e co consumo de combustible e lubricante.

    5. Libro que levan a bordo os oficiais da mariña para copiar todas as anotacións que se fan no caderno de bitácora.

    6. Relación detallada e diaria de todo o que lle aconteceu a unha unidade armada nunha campaña, nunhas manobras ou noutra comisión de servizos.

    7. Xénero radiofónico que consiste en transmitir información oralmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Impresión ou publicación dunha obra ou escrito.

    2. Reprodución dunha obra, por medios manuais ou mediante a imprenta, para a súa difusión.

    3. Conxunto de exemplares dun escrito, impresos nunha mesma tiraxe.

    4. Edición dun texto en que se suprimiron ou resumiron fragmentos considerados non esenciais para a comprensión do mesmo.

    5. Edición dunha obra acrecentada con novas materias con respecto á edición anterior.

    6. Edición que inclúe comentarios destinados a esclarecer ou complementar o texto orixinal do autor.

    7. Edición que conta coa autorización expresa do autor ou da persoa que posúe os dereitos editoriais, para diferenciala das edicións clandestinas ou non autorizadas.

    8. Edición que comprende todas as obras dun autor.

    9. Edición que pretende reconstruír a versión dun texto (literario ou documental) máis próxima ao orixinal do autor (autógrafo ou arquetipo), a partir da análise dos testemuños, manuscritos e impresos que o difundiron.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO