"APA" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 3851.

  • Arbusto caducifolio, da familia das rosáceas, de talos e pólas espiñosas, follas ovais e finamente dentadas, e flores brancas e abundantes, que aparecen antes que as follas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non implica restrición, limitación ou condición.

    2. Que exclúe toda relación con outra cousa.

    3. Que non tolera oposición.

    4. Aplícase á forma, uso ou significación autosuficiente ou non relacionada con ningunha outra.

    5. Aplícase á estimación dunha magnitude medida a partir do valor cero da mesma.

    6. Designa, por oposición a fenómeno ou aparencia, o ser con independencia do coñecemento que se poida ter dela.

    7. Función que asigna a cada número o seu valor con signo positivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que absorbe.

    2. Instalacións e aparatos axeitados para absorber certos compoñentes dunha mestura gasosa por disolución nun líquido.

      1. Dispositivo dunha instalación frigorífica onde a disolución refrixerante, empobrecida no fervedoiro, absorbe a disolución refrixerante procedente do evaporador.

      2. Dispositivo que se usa para protexer as liñas eléctricas das sobretensións.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que absorbe con facilidade.

      2. Substancia capaz de deter e retardar partículas elementais en movemento.

      3. Medicamento ou substancia que absorbe produtos nocivos.

      4. Capacidade de absorción.

    1. Que atrae cara si. Tm fig.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reter un corpo na súa masa a outro.

    2. Atraer unha cousa a outra cara ao seu interior, provocando unha corrente de aire.

    3. Reter a atención de alguén.

    4. Soportar un esforzo, un sistema mecánico, sen que apareza deformación permanente.

    5. Atenuar a intensidade dun feixe de partículas ou radiacións ao atravesar certas substancias.

    6. Consumir enerxía un sistema.

    7. Entregarse completamente a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato para medir a solubilidade dos gases.

    2. Aparato que serve para efectuar análises por absorciometría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de absorber.

    2. Penetración dunha substancia no seo doutra con formación dunha solución, dun complexo de inclusión ou dunha verdadeira combinación química.

      1. Función propia dos organismos vivos que consiste na penetración ao medio interno de substancias procedentes do medio externo. 2 Incorporación, a través dos pelos absorbentes, de auga con elementos nutritivos minerais disoltos.

    3. Fusión de empresas na que a dominante fai desaparecer a personalidade xurídica independente das outras.

    4. Perda de enerxía das ondas sonoras cando atravesan un medio ou se dispersan ao incidir sobre a superficie de separación de dous medios.

    5. Perda de intensidade dun feixe de radiacións ou partículas, producida ao atravesar un medio absorbente.

    6. Intercambio de calor e de traballo entre dous sistemas.

    7. Perda de enerxía experimentada polas ondas hertzianas a causa do choque cos ións da atmosfera.

    8. Substancia absorbente das radiacións ultravioletas que, ao ser engadida a un produto, o protexe desas radiacións e evita a súa degradación fotoquímica.

    9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poder ou capacidade de limpeza de calquera substancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de absterse.

    2. Privación dun pracer ou dun manxar en cumprimento dun precepto relixioso ou dun voto especial.

    3. Conxunto de síntomas que aparecen ao interromper a administración dunha substancia, á que unha persoa desenvolveu adicción e tolerancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abusar.

    2. Aquilo que é abusivo.

      1. Acción de facer uso dun poder ou obxecto máis alá do que se considera lícito.

      2. Extralimitación dunha autoridade no uso das súas atribucións.

      3. Acto ilícito polo que o autor se aproveita das facilidades que unha relación de lealdade comporta.

      4. Acto ou omisión que sobrepasa os límites normais do exercicio dun dereito, con dano para un terceiro.

      5. Uso de medios físicos de ataque excesivos e desiguais que debilitan a defensa da víctima.

    3. agresión sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO