"40 ·" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 47.

  • Modelo de organización industrial, instituído por Henry Ford e característico do capitalismo moderno (1940-1970), que se baseou na produción a grande escala, nunha alta división do traballo e no crecemento de créditos ao consumo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deporte de oposición con balón disputado entre dous equipos de 11 xogadores cada un que teñen como obxectivo introducir o balón na meta defendida polo equipo contrario, para o que se axudan fundamentalmente dos pés, cos que desprazan e guían o balón.

    2. Disciplina deportiva baseada no xogo do rugby.

    3. Modalidade de fútbol que se disputa nun terreo de xogo de 40 m de longo por 20 m de largo, normalmente en recintos cubertos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento ultrarrelixioso, derivado da cábala, xurdido dentro do xudaísmo en 1740 en Ucraína.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olume de eritrocitos en relación ao volume sanguíneo total. Este valor está comprendido entre o 40 e o 50% e varía segundo o sexo e a idade.

    2. Aparato centrifugador que permite a separación dos corpúsculos sanguíneos do plasma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Libro ou manuscrito que ten as follas de papel pregadas en dúas, de forma que cada unha presenta catro caras.

    2. Calquera volume que teña como mínimo 40 cm de lonxitude e 26 cm de ancho.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antiga unidade de peso, que en Galicia tiña un valor aproximado de medio quilo (575 gr).

      1. Moeda de influencia anglosaxona dos países de Chipre, Exipto, Irlanda (substituída polo euro en 2002), Líbano, Malta, Siria, Sudán (susbtituída polo dinar en 1982) e Xibraltar.

      2. Unidade monetaria de Reino Unido dividida en 100 peniques. Ata 1971 dividíase en 20 xilins, e cada xilin en 12 peniques (£).

    2. Unidade de masa do sistema británico que equivale a 453,592 g.

      1. Unidade de conta, que durante a Idade Media estaba baseada no peso de prata e o seu valor contido en 240 diñeiros.

      2. Unidade de peso que se emprega como referencia para establecer o peso das moedas. As disposicións dos soberanos indicaban o número de pezas que facían un libra.

      3. Unidade ponderal introducida por Carlomagno en 793-794, que incrementou a libra romana ata un valor aproximado a 489 g.

      4. Unidade ponderal itálica empregada desde a Antigüidade que serviu como patrón para a moeda romana.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moeda francesa de prata e de ouro cuñada a partir do s XVII.

    2. Moeda francesa cuñada polos monarcas da casa de Borbón, desde Luís XIII ata Luís XVI.

    3. Moeda francesa de prata cuñada desde 1640 ata a Revolución Frances.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma de enerxía, que é capaz de impresionar os órganos da vista e permitir ver os corpos que a emiten, constituída por radiacións electromagnéticas e ocupa un intervalo moi pequeno no espectro electomagnético coñecido. É unha forma de enerxía radiante que se presenta simultaneamente en forma de partículas (fotóns), e en forma de ondas.

    2. Cantidade de electricidade que atravesa a sección dun condutor na unidade de tempo.

    3. Luz producida por un aparato de iluminación. Segundo a enerxía empregada para producila fálase de luz eléctrica ou de gas.

    4. Luz que non produce ningunha sensación de cor definida. Trátase dunha luz policromática máis ou menos semellante á luz solar.

    5. Luz que procede do foco luminoso sen reflexións nin difusións intermedias.

    6. Luz que se produce por luminiscencia.

    7. Luz que chega ao obxecto iluminado despois de ser difundida ou reflectida.

    8. Luz constituída por ondas electromagnéticas da mesma frecuencia.

    9. Luz emitida por unha fonte luminosa natural. A máis corrente e útil é a que provén do Sol, que se denomina tamén luz solar ou de día.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos matabeles.

    2. Individuo do pobo matabele.

    3. Pobo zulú que descende dun grupo que cara a 1840 fundou o Reino de Matabele.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á rexión mediterránea.

      2. Rexión bioxeográfica do reino holártico que comprende os países da conca mediterránea. É de clima seco e invernos suaves, choivas outonais, verán seco e vexetación xerófila.

      1. Relativo ou pertencente á raza mediterránea ou aos seus representantes.

      2. Individuo da raza mediterránea.

      3. Raza do grupo leucodermo dolicocéfala, de pel morena e ollos escuros, que ocupa Europa Meridional e o N do Sáhara.

    1. Clima típico da zona mediterránea que se dá nas costas occidentais, entre os 30° e 40° de latitude, e que se caracteriza polos veráns secos e cálidos e os invernos suaves.

    VER O DETALLE DO TERMO