"ROM" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 2495.

    1. Cuarto con función de despensa para ánforas vinarias que adoitaba acharse no piso superior na casa grega e na vila romana.

    2. Despensa ou depósito de xéneros alimenticios, principalmente viño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Aquae Flaviae ou aos seus habitantes.

    2. Individuo do pobo aquiflaviense.

    3. Pobo indíxena prerromano da Gallaecia, no Convento Bracarense, que tiña por núcleo principal Aquae Flaviae (Chaves).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Portaestandarte do exército romano que levaba a insignia nunha lexión. Adoitaba conter a representación dunha aguia, animal sacro de Xúpiter, como símbolo da autoridade imperial, así como a sigla SPQR (Senatus Populusque Romanorum) como expresión de onde proviña o poder que ao estamento militar se lle confería, e a quen había servir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Aquitania ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Aquitania.

    3. Individuo dun pobo indíxena prerromano do O de Occitania, situado entre os Pireneos, na marxe esquerda do Garonne e o Atlántico.

    4. Lingua prerromana falada entre os Pireneos e o Garonne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síndrome caracterizada por unha lonxitude esaxerada dos dedos das mans e dos pés.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Aragón, aos seus habitantes ou á súa fala.

    2. Natural ou habitante de Aragón.

    3. Lingua románica pirenaica que nace no Alto Aragón e Sobrade, e moi probablemente tamén en Ribagorza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro da academia literaria de Roma denominada Arcadia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Presbítero que exerce, por delegación do bispo, certa xurisdición sobre outros presbíteros dun territorio ou arciprestado.

    2. Título dunha dignidade dos cabidos das catedrais ou colexiatas, a miúdo unida ao coidado de ánimas.

    3. Sacerdote dunha catedral que antigamente exercía as funcións do actual vicario xeral.

    4. Cardeal que preside e goberna os clérigos dunha das basílicas patriarcais de san Xoán, san Pedro e santa María a Maior de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Porción dunha curva.

      2. Lugar xeométrico dos puntos P do plano polos que as semirrectas PA PB que os unen aos extremos AB dun determinado segmento AB = l, forman todas un mesmo ángulo dado α.

      3. Arcos pertencentes a circunferencias concéntricas.

      4. Designación das funcións inversas das funcións circulares: arcoseno, arcocoseno, arcotanxente e arcocotanxente.

      1. Formación anatómica, natural ou patolóxica, do organismo en forma de arco.

      2. Arco formado por dúas rectas que se cortan no vértice.

      3. Óso da meixela que é o punto de articulación do maxilar inferior.

      4. Relevo óseo situado por riba das órbitas oculares.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo situado na parte central dun circo romano, anfiteatro ou praza de touros, onde se celebran os espectáculos.

    VER O DETALLE DO TERMO