"BS" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 4332.

    1. Barriña de metal ou doutra materia dura, acabada en punta.

      1. Barra pequena, fina e longa, normalmente de metal, rematada en punta nun extremo e cun burato no outro polo que se fai pasar o fío, usada para coser e bordar.

      2. Peza metálica alongada acabada en gancho e provista de medios para cerrar o que serve para formar a malla nas máquinas de fabricación de xéneros de punto.

      1. Peixe da familia dos belónidos, de corpo alongado e moderadamente comprimido, de cor prateada e verdosa no lombo, coas mandíbulas prolongadas nun bico agudo e dentado, as aletas dorsal e anal moi posteriores e a caudal en forma de furca pronunciada.

      2. Nome que reciben algunhas especies de peixes da familia dos singnátidos, de aspecto semellante ao cabaliño de mar pero co corpo estirado.

    2. Picor ou sabor acedo que teñen algúns viños, especialmente os novos

    3. Acabamento rematado en punta, cuberta cónica ou piramidal de gran pendente, nunha construción.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pronome moi empregado no galego-portugués medieval, ben como substantivo co valor de ‘outra cousa ou outra persoa’, ben como adxectivo co valor de ‘máis, diverso’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro de manganeso que cristaliza no sistema cúbico, e os seus cristais adoptan unha estrutura maclada como a blenda; de cor negra-ferrosa ou acastañada e brillo semimetálico. OBS: Tamén se denomina blenda manganesífera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer alarde ou ostentación dunha cousa. OBS: O complemento vai precedido da preposición de.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Potestade de escoller libremente. OBS: Tamén se emprega a expresión libre albedrío.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Albiano.

    2. Sexto e derradeiro estadio do Cretáceo inferior, situado enriba do Aptiano e baixo o Cenomaniano. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. er ou percibir algo ao lonxe sen distinguilo con claridade.

    2. Observar certos indicios que poidan indicar que algo vai suceder.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de branco.

    2. Luz da alba. OBS: Adoita empregarse en plural.

    3. Orixe ou principio da existencia de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elixir con propiedades terapéuticas, creado por Paracelso, que utilizou Van Helmont para dar nome a un imaxinario disolvente universal, capaz de disolver todas as substancias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da volumetría que inclúe os métodos de análise de substancias básicas por valoración cunha solución dun ácido de concentración coñecida.

    VER O DETALLE DO TERMO