"Ulla" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 274.

  • Globo de aire ou doutro gas que se forma no interior dun líquido ou fluído e que sae á superficie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da terra onde nace a agua facendo gurgullas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento gasoso, incoloro, inodoro e inerte, de número atómico 2, peso atómico 4,0026 e pertencente ao grupo VIII A da táboa periódica ou dos gases nobres. Emprégase, sobre todo, para inchar dirixibles ou globos sonda meteorolóxicos, para producir as atmosferas artificiais das campás de inmersión destinadas ao traballo dos mergulladores e na terapéutica de certas enfermidades pulmonares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto orgánico formado por carbono e hidróxeno, que se obtén principalmente do gas natural, do petróleo e do alquitrán de hulla, e é unha da principais fontes de enerxía, utilizada en múltiples procesos industriais. Os hidrocarburos naturais fórmanse por maduración da materia orgánica diseminada en rochas sedimentarias e, segundo as condicións da maduración, prodúcese petróleo ou gas natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Elemento químico da táboa periódica que ten número atómico 1 e peso atómico 1. É o gas máis lixeiro de todos os gases e as súas moléculas son diatómicas. Case é inexistente en estado libre ou non combinado, e en estado combinado, forma parte da auga e unido ao osíxeno, ao carbono, ao nitróxeno e ao xofre, forma parte de todas as plantas e dos tecidos animais. É  un gas industrial de grande importancia, con aplicacións na síntese do amoníaco e na hidroxenación dos aceites de peixe e dos aceites de hulla e na fabricación do metanol e dos carburantes sintéticos.

      2. Composto que se emprega en solución acuosa, denominada ácido bromhídrico.

      3. Composto que se emprega xeralmente en solución acuosa, denominada ácido cianhídrico.

      4. Composto gasoso moi empregado na industria, case sempre en forma de solución acuosa, denominada ácido clorhídrico.

      5. Composto que se emprega xeralmente en solución acuosa, denominada ácido fluorhídrico.

      6. Composto que se emprega xeralmente en solución acuosa, denominada ácido iodhídrico.

      7. auga osixenada.

      8. Composto que se emprega xeralmente en solución acuosa, denominada ácido sulfhídrico.

    1. Electrodo de platino ao redor do que burbulla hidróxeno. Adóitase tomar como potencial cero dun electrodo de hidróxeno, na presión atmosférica, nunha solución de ións hidróxeno de actividade unidade. Emprégase como electrodo de referencia.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construción, destinada a secar e gardar o millo, composta por unha estrutura cuadrangular con tellado a dúas augas e, separada do chan por columnas que a illan da humidade dos roedores, e cos laterais construídos de tal xeito que permitan a ventilación.

    2. Almacén ou graneiro da casa romana, realizado xeralmente con grandes compartimentos ou nichos situados ás beiras dun corredor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carbón mineral, rocha sedimentaria de orixe orgánica de cor é negra e brillo vítreo, que se utiliza como combustible.

    2. Enerxía que se obtén a partir dos saltos de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á hulla.

      2. Que contén hulla.

      3. Mina de hulla en explotación.

    1. Mina de hulla en explotación.

    2.   carbonífero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce hulla.

    VER O DETALLE DO TERMO