"Stalin" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 221.

      1. Relativo ou pertencente ao pórfiro.

      2. Que é semellante ao pórfiro.

    1. Aplícase á estrutura da rocha ígnea que está formada por fenocristais que destacan sobre unha matriz de gran fino, criptocristalina ou vítrea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento químico de número atómico 19 e peso atómico 39,0983, que pertence ao grupo I A, ou dos metais alcalinos, da táboa periódica. Forma aliaxes con numerosos metais e intervén na regulación dun gran número de procesos vitais.

    2. Sólido en forma de pos brancos delicuescentes, que se empregan na fabricación de vidros e cerámicas especiais, como deshidratante, aditivo alcalino para alimentos e cosméticos e na fabricación de tubos de televisión.

    3. Sólido cristalino incoloro de gusto fortemente salgado, que se emprega como fertilizante, en fotografía e como substituínte do cloruro sódico na dieta con fins terapéuticos.

    4. Sólido cristalino, vermello amarelado, que se emprega como pigmento, oxidante e reactivo analítico.

    5. Sólido branco que se emprega na fabricación de xabóns e deterxentes, como elemento de branqueo e como aditivo alimentario alcalino.

    6. Sólido cristalino, higroscópico, de gusto salino, que se emprega na preparación de fertilizantes.

    7. Sólido cristalino de cor púrpura escura e gusto astrinxente, altamente oxidante, que se emprega como oxidante industrial, analítico e sintético, como desinfectante e como axente branqueador.

    8. Sólido cristalino que se emprega como fertilizante para os cultivos de cítricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade criptocristalina de cuarzo, translúcida e de cor verde mazá, que se emprega en xoiaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. precipitar.

    2. Que actúa apresuradamente e sen suficiente reflexión.

    3. Que se fai con moita présa.

    4. Substancia separada dunha solución, nun estado amorfo ou diminutamente cristalino como consecuencia dun cambio físico ou químico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia cristalina que actúa como bloqueador dos receptores β-adrenérxicos impedindo a acción das catecolaminas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia cristalina de cor branca e gusto amargo que actúa inhibindo a síntese das hormonas tiroides e que se emprega para o tratamento do hipertiroidismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sólido cristalino de cor vermella, que se emprega como colorante para o algodón e a tinguidura microscópica.

    2. Po fino de bronce que se emprega en pintura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Flavonoide cristalino, de cor amarela, que forma parte da estrutura da quercitrina que se emprega como antioxidante e como absorbente dos raios ultravioletas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da física do estado sólido que estuda a estrutura cristalina dos corpos sólidos, empregando técnicas de difracción de radiacións electromagnéticas ou de difracción de partículas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formación dunha nova cristalización no seo dunha rocha.

    2. Proceso de formación de novos cristais, iniciado nalgúns puntos dun metal ou dunha aliaxe deformada en frío.

    3. Método de purificación de compostos cristalinos que consiste na disolución destes en solventes apropiados quentes, para que, ao arrefriar, resulte unha forma cristalina máis pura.

    VER O DETALLE DO TERMO