"sec" (En toda a entrada)
Amosando 10 resultados de 1899.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corpo libre intraarticular, cartilaxinoso e móbil que aparece como consecuencia dunha lesión traumática ou afección patolóxica da articulación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Animal de pequeno tamaño, principalmente larvas de insecto ou anélidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha sedimentaria non consolidada, formada principalmente por silicatos de aluminio hidratados, de diámetro inferior aos 0,001 mm. Ten propiedades plásticas, refractarias, absorbentes e desengraxantes en seco. Cando se empapa de auga vólvese plástica e branda. Se se coce non se deforma, senón que se endurece.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arxila endurecida a consecuencia dunha simple compactación ou ben por impregnación de sílice.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto da familia das lamiáceas, aromático, con follas lineares de beira enroscada, de cor verde abrancazado e con flores en espigas rematadas nunhas brácteas púrpuras. Ten virtudes medicinais e as súas flores secas empréganse como ambientador e repelente das trazas dos roupeiros e para elaborar a auga de lavanda.
-
-
Relativo ou pertencente aos ascaláfidos.
-
Insecto da familia dos ascaláfidos.
-
Familia de insectos, da orde dos neurópteros, que comprende individuos coas antenas moi longas, acabadas en forma de paleta ou de maza. Teñen as ás moi reticuladas da cor do xofre ou amarelo leitoso.
-
-
-
Exercicio e esforzo da vontade que, para a consecución dun fin ou dun ideal físico, moral, intelectual, político ou relixioso, se orienta a un desenvolvemento consciente e sistemático dos aspectos que o favorecen e a unha abstención dos que impiden este fin.
-
Práctica do ascetismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano dixestivo dalgunhas plantas, que consiste nunha folla transformada nun recipiente que contén o suco dixestivo, e que se emprega para dixerir os insectos que caen nel.
-
-
Xuntanza de persoas reunidas para deliberar e tomar acordos.
-
-
Toque de timbal ou trompeta para a reunión e formación das tropas.
-
Reunión numerosa de tropas para ser instruídas ou para entrar en campaña.
-
-
Reunión de todos os compoñentes dunha sociedade, corporación e, en xeral, de calquera persoa xurídica, que constitúe o máximo órgano deliberante.
-
Congreso dun partido político.
-
Asemblea extraordinaria que establece un novo texto constitucional.
-
Órgano composto por todos os traballadores da empresa que ten a finalidade de controlar os representantes obreiros nos diferentes espazos de actuación dentro da empresa.
-
Reunión de fieis destinada a proclamar e escoitar a palabra de Deus contida na Biblia ou a celebrar a Eucaristía.
-
Cámara baixa ou primeira cámara da República francesa, que ten a súa sede no Palais Bourbon de París. Está formada por 577 deputados, elixidos mediante sufraxio universal, directo e secreto cada cinco anos.
-
...
-
-
-
Planta herbácea perenne da familia das asteráceas, de talos moi ramificados, con follas bipinnatisectas e con capítulos colgantes, dispostos en panículas, de flósculos amarelos. Emprégase como tónico estomacal e como vermífugo e con el elabórase o licor do mesmo nome.
-
Bebida alcohólica, de 50 a 60 graos, de cor verde clara que se obtén por destilación da mestura da maceración das follas do asente con anís e outras herbas.
-