"Terc" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 452.

  • Terceiro compartimento do estómago dos ruminantes no que se realiza a absorción da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segunda época do Terciario Inferior, entre o Paleoceno e o Oligoceno, que se prolongou durante un 16 millóns e medio de anos. Nela tivo lugar a separación de América do Sur e América do Norte e comezou a oroxenia alpina en case todos os continentes. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedra de sílex ou doutro material, froito dun tallado casual que lembra as ferramentas realizadas polo home no Paleolítico. Pode localizarse en terreos do Terciario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao día intercalado nos anos bisestos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica que consiste en repetir, sen intervalo, unha mesma palabra para darlle énfase ao que se di, ou en intercalar nunha composición poética un mesmo verso ou unha mesma expresión varias veces.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de equivalente.

    2. Confusión entre dúas ou máis realizacións fonemáticas que teñen, polo menos, un trazo distintivo común, de punto ou de modo de articulación, e que explican algunhas evolucións diacrónicas anómalas.

    3. Relación binaria entre os elementos dun conxunto que permite establecer unha clasificación destes elementos de tal maneira que quede cada un nunha clase, denominada de equivalencia, e estas clases non teñan ningún elemento común.

    4. Relación de igualdade funcional que se dá entre dous ou máis membros oracionais que poden intercambiarse a causa da súa función común sen que os seus valores semánticos ou estilísticos sexan necesariamente idénticos, e que é sempre viable dentro dun contexto determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sombra que nun lenzo fai un corpo sobre outro porque o intercepta a luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás escitosifonais.

    2. Alga da antiga orde das escitosifonais.

    3. Antiga orde da clase das feofíceas, constituída por algas mariñas de talo máis ou menos cilíndrico e macizo, con crecemento intercalar. Inclúense dentro da orde das ectocarpais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de escoitar.

    2. Método de detección e observación do inimigo por medio de diversos procedementos de captación do son.

    3. Intercepción dunha comunicación telefónica utilizando artificios técnicos de escoita, transmisión, rexistro ou reprodución de sons.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que exerce o traballo de escribir ao ditado ou de copiar escritos.

      1. Ave granívora, da familia dos emberícidos, e as máis das veces propia de hábitats pouco arborados. Caracterízase por ter un peteiro proporcionalmente curto e comprimido polos lados, co bordo da boca sinuoso na base. A plumaxe é, normalmente, de cores apagadas.

      2. Ave, co dorso listado e mitra de cor acastañada, as partes inferiores de cor amarela, cos flancos listados e a cabeza de cor amarela.

      3. Ave, co dorso e ás de cor acastañada vermella, con listas máis escuras e as partes inferiores de cor entre branca e ocre.

      4. Ave, coas partes superiores e as ás de cor acastañada vermella, con listas de cor negra e coa cara inferior da á e o anel ocular de cor amarela.

      5. Ave que se caracteriza por presentar nos machos a cabeza de cor verde oliva, con listas amarelas por riba, gorxa de cor negra, colar amarelo, franxa pectoral de cor verde oliva e partes superiores acastañadas vermellas, e partes inferiores de cor amarela cos flancos lixeiramente riscados de castaño.

      6. Ave que se caracteriza por presentar o macho a cabeza o e peito de cor cinsenta, con dúas listas negras que enmarcan a cara e unha terceira media que cruza o ollo, as partes superiores de cor acastañada con lista negras no dorso e o peito e flancos de cor arrubiada.

    VER O DETALLE DO TERMO