"SS" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 368.

  • Peixe, da familia dos pleuronéctidos, de corpo oval, bastante alongado e cos ollos no lado dereito. OBS: Tamén se denomina fletán común.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade principalmente das brasicáceas, producida polo fungo Plasmodiophora brassicae, que se manifesta pola aparición de vultos irregulares na raíz que conducen á morte da planta.

    2. Protusión dun órgano ou dunha parte del, por unha abertura natural ou accidental da parede da cavidade que o contén. Segundo a súa situación anatómica, pode ser inguinal, umbilical, epigástrica, diafragmática, de hiato ou de disco intervertebral ou discal. É reducible cando é posible facela volver á situación normal; se non, chámase irreducible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dada unha función real de diversas variables reais, f(x 1 ,...,x n ), matriz formada polas derivadas parciais segundas da función, é dicir, matriz que ten os elementos H ij =δ 2 f/δx i δx j .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás teorías de O. L. Hesse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Telururo de prata  que pertence ao grupo das arxentitas e cristaliza no sistema monoclínico ou cúbico. É de cor gris chumbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á serie, estudada por Euler e Gauss, que constitúe unha xeneralización da xeometría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore, da familia das euforbiáceas, monoica, que presenta tronco protexido con espiñas, follas alternas, cordiformes e serradas, flores masculinas agrupadas en acio e as femininas solitarias, e froito en cápsula. Produce a madeira denominada assacú.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao iacetanos

    2. Individuo do pobo iacetano.

    3. Pobo prerromano dos ss II-I a C cuxo territorio, nos vales do Pireneo aragonés, se centraba ao redor da cidade de Iaca (Jaca).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina contraria á veneración das imaxes ou iconas, que dominou o mundo bizantino entre os ss VIII e IX.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de idéntico.

    2. Conxunto de trazos propios que caracterizan e individualizan a unha persoa ou cousa.

    3. Personalidade civil dun individuo.

      1. Atributo ontolóxico en virtude do que o que é non pode non ser.

      2. Doutrina baseada na identidade orixinal do suxeito e do obxecto, do intelecto e da natureza.

      3. Principio, derivado tradicionalmente da identidade ontolóxica, formulado, na lóxica das proposicións, como unha tautoloxía: p p, p = p, onde p é unha proposición enunciativa.

      4. Principio lóxico segundo o que un termo ten que representar sempre un mesmo concepto ou ten que posuír un mesmo referente no discurso.

    4. Igualdade que, segundo F. de Saussure, hai entre as diversas realizacións dun elemento lingüístico nunha mesma etapa da lingua (identidade sincrónica) ou nas diversas etapas da súa evolución (identidade diacrónica).

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO