"RPR" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 289.

    1. Arte de distribuír o material sonoro dunha obra musical entre os diferentes instrumentos que a teñen que interpretar, de acordo coa capacidade de cada un para reproducir a idea musical do autor.

    2. Rama da enxeñaría que estuda a construción e utilización de instrumentos, ou sistemas de instrumentos, especialmente os de medida, para detectar, observar, medir e controlar fenómenos físicos e para rexistrar, procesar e comunicar os datos correspondentes a estes fenómenos.

    3. Conxunto de instrumentos dunha aeronave que indican, en cada momento, o estado e a evolución do aparato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obra musical breve que se interpreta entre dúas partes máis extensas dunha composición instrumental, orquestral ou escénica.

      1. Obra curta, pouco definida, metade cómica, metade alegórica, de versificación irregular e pouco refinada, que, na transición do teatro medieval ao teatro isabelino, se intercalaba na representación dunha obra.

      2. Farsa, entretemento ou obra musical executados entre os actos dun misterio ou dun drama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • interpretable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode interpretar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de interpretar.

    2. Arte de entender ou declarar o contido ou sentido dun escrito, un discurso ou unha obra de arte, que presenta un sentido escuro ou que ofrece dúbidas. Denomínase hermenéutica a interpretación dos textos filosóficos e esexese a interpretación bíblica.

    3. Arte e técnica de representar ou encarnar un personaxe dunha obra escénica, cinematográfica, radiofónica ou televisiva.

    4. Acción de interpretar o sentido das normas xurídicas na súa aplicación a un caso concreto.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Explicar ou comentar o sentido ou o significado de algo.

      2. Atribuír a unha cousa un significado determinado.

      3. Captar o significado dalgunha cousa.

    1. Representar alguén, especialmente un actor, un papel determinado nunha obra dramática ou nunha película.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á interpretación.

    2. Que serve para interpretar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que interpreta.

    2. Persoa que fai de intermediaria, traducindo o contido dunha mensaxe, entre outras que falan linguas diferentes e que mutuamente ignoran.

    3. Aquilo que serve para dar a coñecer os afectos ou as intencións que están no ánimo dunha persoa ou dunha colectividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que afecta á vez a dúas ou máis profesións ou actividades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión de carácter informal de músicos de jazz en que estes interpretan e improvisan sobre temas diversos sen axustarse a unha programación previa.

    VER O DETALLE DO TERMO