"Dis" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 3847.

    1. Que se realiza con alternancia, segundo a orde marcada na quenda.

    2. Aplícase á temporalidade que sofre un proceso de alternancia.

    3. Aplícase ás follas ou outros órganos separados e dispostos en dúas ringleiras lonxitudinais que fan un ángulo aproximado de 180°.

    4. Que presenta alternancia nas rimas ou na estrutura dos versos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Interrupción momentánea que se fai cando se realiza unha actividade.

    2. Expresión usada para facer que alguén se deteña nunha marcha ou carreira, nunha disertación, en calquera tarefa ou na execución dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa ou banco de nubes a uns 4.000 m de altitude, composto de masas globulares dispostas en grupos ou aliñadas nunha ou dúas direccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa de nubes situadas entre 2.000 e 6.000 m constituída por un veo fibroso ou estriado a través do que son visibles os discos do Sol e da Lúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dimensión dunha cousa en sentido vertical.

    2. Distancia vertical dun punto á superficie da terra ou a calquera outro termo de comparación ou punto de referencia.

    3. Lugar elevado ou prominencia do terreo situado sobre a superficie da terra.

    4. Nivel ou modo de comportamento.

    5. Nome simbólico co que se designa o ceo.

    6. Arco da vertical dun astro medido desde o horizonte ao astro.

      1. Enerxía hidráulica por unidade de masa acumulada nun punto dunha masa líquida, expresada coas dimensións dunha altura.

      2. Termo aplicado nas instalacións de bombeo de líquidos para designar a capacidade de elevación.

    7. Grao de elevación na frecuencia vibratoria das cordas vocais en relación co ton que determina a curva melódica.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falar de algo ou alguén de forma indirecta e sen mención expresa.

    2. Facer referencia a unha persoa ou cousa sen mencionala ou sen deterse moito nela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico, que pertence ao grupo III da táboa periódica, de cor branca arxéntea, dúctil e moi maleable. Atópase sobre todo en forma de silicatos, de óxido e de fluoruro dobre de aluminio e de sodio, pero nunca en forma libre. As aplicacións do aluminio metálico e das súas aliaxes son moi importantes e variadas.

    2. Composto empregado na fabricación de lacas, como mordente de tinturas e para a ignifugación e impermeabilización de tecidos.

    3. Pasta formada por pos de aluminio e un disolvente, utilizada como pigmento na fabricación de pinturas. Dispérsase mellor ca o aluminio en po, forma películas con máis facilidade, cun manexo máis sinxelo e un menor risco de incendio.

    4. Pos de aluminio de cor gris brillante e de forma laminar. Empréganse en aluminotermia, para os flashes fotográficos, na fabricación de aceiro, de explosivos e como pigmento para pinturas metálicas.

    5. Designación xenérica das aliaxes a base de cobre e aluminio de gran resistencia mecánica. Emprégase no revestimento de iates e na industria química.

    6. Cloruro anhidro moi empregado como catalizador na industria do petróleo.

    7. Composto empregado para espesar lubricantes na industria de pinturas e para a impermeabilización de tecidos.

    8. Sólido empregado como mordente nas tinturas pola súa capacidade de absorber un colorante cando precipita dunha solución que contén ese colorante.

    9. Lámina de aluminio obtida mediante sucesivas laminacións dunha cinta ou prancha de aluminio puro.

    10. Grupo de compostos que comprende o caolín, as arxilas e os alúminosilicatos.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de erosión que produce cavidades alveolares ou alvéolos nas rochas facilmente disgregables.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte das matemáticas que estuda as estruturas alxébricas dos conxuntos. O seu concepto fundamental é o de estrutura alxébrica. Baséase nas propiedades asociativa e conmutativa das operacións de suma e multiplicación, no elemento neutro e simétrico desas operacións e na propiedade distributiva da multiplicación.

    2. Aplicación dos métodos da álxebra á teoría dos conxuntos e á lóxica.

    3. Aplicación dos métodos alxébricos ás relacións lóxicas.

    4. Teoría alxébrica que se ocupa das operacións entre matrices.

    5. Toda ecuación polinómica de grao n > 0 con coeficientes complexos que ten polo menos unha raíz complexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise dunha enfermidade ou dun síntoma que vai acompañado de alxidez.

    2. Acompañado dun frío intenso.

    3. Impropiamente, dise do período máis grave de calquera enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO