"Canis" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 246.

    1. Ciencia que estuda a atmosfera e os fenómenos que nela se producen.

    2. Aplicación da meteoroloxía a diferentes campos, como a agricultura e o mar, que fai referencia ao estado das variables nun momento determinado.

    3. Rama da meteoroloxía que estuda as leis de movementos da atmosfera e os mecanismos de formación e desenvolvemento dos sistemas ou perturbacións meteorolóxicas de diferentes escalas, aplicando as leis da dinámica de fluídos na atmosfera.

    4. Rama da meteoroloxía que estuda a radiación solar e outros tipos de enerxía que interveñen nos fenómenos meteorolóxicos.

    5. Aplicación diaria para a previsión do tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina pequena de imprimir, de presión plana que consta de catro partes principais: armazón, mecanismo de tintura, platina e tímpano. Emprégase xeralmente para facer pequenos traballos.

    2. Colar ortopédico que ten como finalidade manter inmóbil a columna cervical ou o pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pintar miniaturas.

    2. Producir obxectos ou mecanismos de tamaño sumamente reducido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que modera. Tm s.

    2. Persoa que dirixe un debate, reunión ou calquera discusión organizada sobre un tema.

    3. Mecanismo que se emprega para regular unha función.

    4. Substancia que serve, nos reactores nucleares de fisión, para frear os neutróns rápidos que se producen nas fisións e convertelos en neutróns térmicos (lentos) capaces de provocar outras novas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao mecanismo, circuíto ou dispositivo, que presenta un estado estable no que pode permanecer indefinidamente e outro inestable no que só pode permanecer un tempo determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que obtura ou serve para obturar.

    2. Dispositivo ou mecanismo que serve para obturar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de ocluír.

    2. Peche das marxes dunha abertura natural, como a dos beizos ou a das pálpebras.

    3. Trazo articulatorio dalgunhas linguas que consiste nunha interrupción completa da corrente fónica nun punto calquera das cavidades supraglóticas e mesmo infraglóticas.

      1. Fenómeno que consiste na disolución de gases en metais que orixina compostos intersticiais.

      2. Inclusión de anións ou catións estraños no seo dun precipitado a causa do crecemento demasiado rápido deste.

      3. Burbulla ocluída que aparece na superficie sólida dunha peza metálica de fundición.

    4. Mecanismo de elevación de aire quente que se converte nun ciclón.

      1. obliteración.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. oloroso.

    2. Órgano glandular que produce unha secreción que serve como comunicación olfactiva especial para a identificación e a atracción sexual durante a época de celo e, nalgúns casos, como mecanismo de defensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Agrupación de diversos tecidos que forman unha unidade estrutural encargada do cumprimento dunha función determinada no seo dun vexetal ou un animal. O conxunto de órganos con orixe embrionaria común e cunha función relacionada constitúen un aparato.

      2. Parte do corpo que, a pesar de estar formada por elementos que proveñen de sistemas diversos, constitúe unha unidade para a función ou as funcións determinadas que exerce.

      3. Conxunto de  órganos do corpo humano que participan na produción de emisións fónicas.

      1. Instrumento aerófono constituído por xogos de tubos que, ao premer unhas teclas, soan ao sopro do vento xerado por foles ou por un compresor eléctrico.

      2. Instrumento en que os diferentes sons e timbres se obteñen por medios electrónicos.

      3. Instrumento musical que se fai soar mediante unha manivela xiratoria que acciona un cilindro pechado dentro dunha caixa, xeralmente en forma de piano.

    1. Medio de difusión voceiro das ideas dun grupo, partido, entidade ou sociedade.

    2. Arma que consistía nun conxunto de canóns de arcabuz ou de fusil, que podían ser disparados de golpe ou un a un.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina política que intenta acadar a unidade dos pobos africanos e que denunciaba a explotación e a división de África e propuxo a promoción da cultura negra.

    VER O DETALLE DO TERMO