"Az" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 3964.

    1. Planta herbácea anual, da familia das poáceas, cuxas sementes son moi utilizadas como alimento para aves.

    2. Planta herbácea vivaz, da familia das poáceas, cunha inflorescencia longa e pouco compacta.

    3. Planta herbácea anual, da familia das poáceas, cunha inflorescencia oblonga e compacta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina e estudo empírico e experimental dos feitos químicos durante a Antigüidade e a Idade Media, cuxos principais obxectivos foron a procura da pedra filosofal, supostamente capaz de converter os metais baixos en prata e ouro, e do elixir da longa vida, panacea universal capaz de alongar a vida indefinidamente. Na alquimia coexistiron sempre os aspectos experimental, filosófico, esotérico e místico, que foi a miúdo dominante. Pese a todo, as súas importantes descubertas formaron a indispensable base empírica sobre a que se edificou a química moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Destilar na alquitara o bagazo e demais restos do acio de uvas, espremendo ben para obter a augardente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de alternar dúas ou máis cousas.

      1. División ou repartimento dos terreos dunha explotación en tantas partes equivalentes como anos previstos para a sucesión de cultivos escollida como a máis conveniente.

      2. Alternancia practicada cando por calquera circunstancia hai que desistir do cultivo que correspondería segundo a alternancia prefixada.

      3. Alternancia, propia das explotacións moi intensivas, practicada cando as condicións do momento son as únicas que sinalan os cultivos a facer, sen regra fixa.

      1. Disposición de cada unha das pezas dun verticilo nos espazos existentes entre as pezas do verticilo inmediato.

      2. Lei pola que as follas ou pezas florais de dous verticilos consecutivos alternan entre eles.

    2. Fenómeno polo que o ciclo biolóxico completo dunha especie comprende dúas xeracións, unha sexual e outra asexual.

    3. Acción e efecto de alternar nunha formación estratigráfica diversas capas que se repiten sucesivamente.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que alterna con outro.

    2. Aplícase na análise tecnolóxica para denominar un trazo de posición e designa as extraccións dispostas sobre o mesmo bordo dunha peza efectuadas de xeito alternativo desde as dúas caras opostas, primeiro unha e logo outra, pero sen sobreposición.

    3. Que está formado por capas ou estratos que se repiten unha ou varias veces.

    4. Cada un dos elementos que interveñen nunha alternancia morfofonolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barra ríxida que, apoiada nun punto de soporte a modo de panca, serve para alzar e desprazar obxectos pesados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación que sinala que a interpretación dun fragmento musical debe facerse con dozura e graza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é da cor do ouro ou semellante.

    2. Aplícase a unha persoa á que lle falta a cor.

    3. Unha das cores que se distinguen no espectro solar, entre o laranxa e mais o verde. As lonxitudes de onda da luz amarela están comprendidas entre 5.700 e 5.970 Å.

      1. Materia colorante amarela.

      2. Colorante básico amarelo derivado da acridina que se empregou en medicina como bactericida.

      3. Pigmento de cor entre verdosa e laranxa, obtido por tratamento dunha solución de sulfato ou cloruro de cadmio con sulfuro alcalino ou sulfuro de hidróxeno.

      4. Pigmento obtido por combinación do cloruro de chumbo con óxido do mesmo metal.

      5. Pigmento formado por hexanitrocobaltato (III) de potasio, moi resistente á luz e que se escurece mesturado coas lacas. Emprégase na técnica de acuarela.

      6. Pigmento formado por antimoniato de chumbo que contén óxidos de cinc e bismuto, e que foi moi empregado en pintura artística.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de ferro con forma de ese que vai colocada na parte interior das portas e ventás, utilizada para fechalas ou mantelas entreabertas.

    2. Corda de pequeno tamaño coa que se atan os cabos que forman a armazón nas redes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. amazocar.

    2. Que está compacto ou denso de máis.

    VER O DETALLE DO TERMO