"ASP" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 703.

      1. Mamífero ruminante, da familia dos cérvidos, con aspecto áxil, patas longas e delgadas. O pelame adoita ter as partes inferiores máis claras e no traseiro aparécelles unha zona moi clara, baixo unha cola curta. Os machos posúen unha cornamenta ramificada, que se desprende en primavera.

      2. Cervo pequeno, sen hastas, pero cuns caninos moi desenvolvidos.

      3. Cervo de pelame acastañado arrubiado no verán e acastañado agrisado no inverno.

      4. Cervo que viven en lugares abertos.

      5. Cervo orixinario de Asia que se estendeu por Europa onde vive sobre todo en catividade.

      6. Cervo propio dalgunhas rexións de Bolivia, de Paraguay e de Brasil.

      7. Cervo de cor acastañada con pintas, coa cabeza máis clara e cunha liña negra ao longo do pescozo e lombo.

      8. Cervo de talle mediano, coa hasta curta e moi ramificada que é propio de EE UU.

      9. Cervo cunha cornamenta de ata 1 metro de envergadura e 12 puntas.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cervos.

    2. Fento do xénero Phyllitis da familia das aspleniáceas, de frondes enteiras, cor verde clara e esporanxios dispostos no envés en soros lineais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á planta que ten a capacidade de formar céspedes.

    2. Que ten un aspecto semellante ao céspede.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao radical cetilo.

    2. Composto de aspecto céreo que se emprega en farmacia, perfumaría e cosmética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aluminosilicato de sodio e calcio hidratado que pertence ao grupo das ceolitas cúbicas e que cristaliza no sistema trigonal, formando romboedros de aspecto cúbico, ás veces un pouco aplanados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero carnívoro do xénero Canis, da familia dos cánidos e que ten un aspecto esvelto, patas longas, cola grosa e orellas levantadas e grandes.

    2. Carnívoro, cun pelame de cor amarela dourada con manchas de cor parda.

    3. Carnívoro, de pelame rubio e co lombo raiado en negro e branco que vive en sabanas e bosques abertos do L e S de África.

    4. Carnívoro de pelame rubio co peito e o ventre de cor branca.

    5. Carnívoro, de pelame cincento, cunha franxa de cor branca que lle percorre os flancos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se fai rápido e sen coidado.

    2. Que fai mal ou ás presas as cousas. Tm s.

    3. Que é moi descoidado co seu aspecto ou moi desordenado. Tm s.

    4. Que non di a verdade ou enreda todo. Tm s.

    5. Que non é responsable co seu traballo. Tm s.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de charlar.

    2. Exposición oral ao redor dun tema ante un público, sen demasiada preocupación polo aspecto formal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sentimento que se manifesta ao atribuírlle calidades admirables de xeito esaxerado sobre o que é propio (país, rexión ou cidade) e ocultar os aspectos negativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza de metal, de distintas formas e tamaños, que se introduce nun pecho para abrilo ou pechalo.

      2. Chave que abre todos os pechos dun mesmo tipo de mecanismo.

    1. álvula que serve para abrir ou cerrar o paso dun líquido ou gas por un conduto. OBS: Tamén se denomina chave de paso.

    2. Peza dun circuíto eléctrico coa que se abre ou pecha o paso da corrente.

    3. Ferramenta que consiste nun mango ríxido acabado por un extremo ou polos dous, nunha forma que se axusta á cabeza dos parafusos ou das porcas para podelos apertar ou afrouxar.

    4. Signo ortográfico { } que serve para incluír conxuntos, reunir diversas subdivisións dunha materia ou dun concepto, diversas palabras ou liñas.

    5. Rama do coñecemento que cómpre coñecer e aprobar para poder pasar a outra.

    6. Aquilo que permite explicar algo ou resolvelo.

    7. Xogo popular que consiste en lanzar unhas pezas de metal redondas e planas e acertarlle a outra peza de metal máis grande, a chave, normalmente provista de aspas, que está fincada no chan a certa distancia.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO