"Conté" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 891.

    1. Elemento non metálico que pertence ao grupo IV da táboa periódica, de peso atómico 12,011 e número atómico 6. O 90% dos compostos químicos coñecidos son substancias orgánicas que conteñen carbono.

    2. Método de datación absoluta baseado na radioactividade atómica do carbono que permite datar a morte dos seres vivos e obter datas absolutas válidas para determinados períodos da Prehistoria.

    3. Átomo de carbono que está enlazado a catro átomos ou grupos diferentes. A molécula que o contén presenta actividade óptica.

    4. Átomo de carbono que está unido a catro radicais carbonados mediante enlaces covalentes.

      1. Conxunto de estadios polos que pasa o carbono ao longo do proceso pechado ao que se somete pola acción dos seres vivos.

      2. Conxunto de procesos bioquímicos realizados polos organismos fotosintéticos durante a fase escura da fotosíntese.

    5. Gas incoloro presente na atmosfera, nunha proporción sensiblemente constante. Utilízase na fabricación da sosa, na industria azucreira e na preparación de bebidas carbónicas. OBS: Tamén se denomina anhídrido carbónico ou gas carbónico.

    6. Filamentos de carbono que se utilizan na fabricación de materiais compostos, co fin de darlles lixeireza, rixidez e resistencia.

    7. Catión orgánico no que o defecto de carga electrónica se localiza nun átomo de carbono.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén carbón.

    2. Que é semellante ao carbón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén un grupo carboxilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radical orgánico de fórmula -COOH que confire propiedades ácidas á molécula que o contén. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén hidrocarburos e é apto para a carburación. Tm s m, referido a substancia.

    2. Combustible líquido que se utiliza nos motores de combustión interna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cargar.

      1. Aquilo que se coloca sobre alguén, sobre un animal ou sobre un vehículo para ser transportado.

      2. Carga límite que pode transportar un barco.

      3. Recipiente cunha potente carga explosiva no seu interior que se lanza desde embarcacións de superficie ou desde avións contra submarinos somerxidos.

    2. Peso que gravita sobre unha construción ou sobre cada un dos seus elementos constitutivos.

    3. Anotación contable que representa un aumento do activo en conta ou ben unha diminución do pasivo ou neto.

      1. Subxección especial dunha persoa ou dun ben a unha obriga legal concreta de carácter público ou a unha responsabilidade ou gravame patrimonial.

      2. Obxecto do contrato de transporte.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cromoproteína que contén un carotenoide, xeralmente un caroteno, como grupo prostético.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ehículo de transporte movido por tracción animal que consta do chedeiro e o rodal.

    2. Pequeno vehículo de catro ou dúas rodas, movido de forma manual para transportar pequenas cargas.

    3. Carga ou conxunto de cousas transportadas por un carro.

      1. Aparello que se emprega nas embarcacións de pesca para largar e recoller as redes.

      2. Armazón de táboas sobre a que se deposita unha embarcación.

      3. Anaco de madeira situado no fondo da proa da dorna que se emprega para inclinar máis ou menos o pau da vela.

      1. Mecanismo dotado de movemento de translación que transporta unha ferramenta ou calquera outro elemento dun lugar a outro nunha máquina.

      2. Peza da máquina de escribir que avanza horizontalmente para mover o papel a medida que se pulsan as teclas.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Bolsa feita de papel, xeralmente de forma cilíndrica, que serve para conter doces, froitas ou outros alimentos semellantes.

      2. Moedas dunha mesma clase ou cantidade envoltas cun anaco de papel.

      1. Envoltura cilíndrica pechada por unha base feita de celulosa purificada que se emprega en traballos de laboratorio.

      2. Envoltura cilíndrica de cartón, metal, plástico ou outro material que contén unha cantidade determinada de substancia explosiva.

      3. Conxunto inseparable de vaíña e bala empregado nas armas lixeiras e automáticas.

      4. Recipiente cilíndrico que contén tinta e que se emprega como recambio nalgunhas plumas estilográficas.

      5. Envase compacto e opaco que aloxa unha cinta electromagnética capaz de gravar e reproducir textos, imaxes e sons.

      6. Recipiente que se emprega para o transporte pneumático de pequenos materiais.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore caducifolia, da familia das ramnáceas. A cortiza seca contén emodina e úsase como laxante.

    VER O DETALLE DO TERMO