"Conti" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 779.

    1. Planta herbácea anual, da familia das fabáceas, que presenta talos gabeadores, flores brancas ou púrpuras dispostas en acios, e froitos en legume con sementes comestibles.

    2. Planta herbácea, do xénero Lupinus, da familia das fabáceas, que presenta follas cun longo pecíolo e dixitadas, flores papilonáceas en ramos terminais e froito en legume con sementes cun alto contido en proteínas.

    3. Semente comestible da planta do mesmo nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Útil lítico realizado sobre coio que mostra sinais de tallado por unha única cara.

    2. Convertedor elástico de corrente continua en corrente alterna. OBS: Tamén se denomina ondulador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente intensa e continua que nace dunha fonte estreita que, as máis da veces, está a unha certa altura do substrato sobre o que finalmente se sitúan as partículas que o forman.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cilindro.

    2. Que ten a forma dun cilindro.

    3. Superficie creada por unha recta que se move paralelamente a un eixe fixo, apoiándose nunha curva plana, contida nun plano que corta o eixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. cinematografía.

      2. Actividade cinematográfica non profesional realizada xeralmente en película de paso estreito.

      3. Denominación de certas salas especializadas en exhibición de filmes en versión orixinal e íntegra de obras de calidade, de repertorio clásico, de experimentación e de vangarda.

      4. Período que comprende desde o nacemento do cine (1895) ata a aparición do cine sonoro (1928). As imaxes acompañábanse de música en directo e subtítulos para conseguir un maior realismo.

      5. Xénero do cine que se desenvolveu fundamentalmente nos EE UU (1941 – 1955) e que tivo unha certa continuidade en Europa. A violencia, o sexo, a criminalidade e a sociedade marxinal son elementos básicos desta tendencia, que ten a súa orixe no filme The Maltese Falcon (1941) de John Huston.

      6. Período da historia do cine que comezou en 1928, caracterizado pola presenza do son das voces dos actores dentro da película.

    1. Sala comercial onde se proxectan películas cinematográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tira de tecido longa e estreita que se emprega para adornar, atar ou prender algo.

    2. Tira longa e estreita de diferentes materiais.

    3. Banda tinguida que en certas máquinas marca o relevo dos tipos enriba do papel por medio de presión.

    4. Dispositivo ríxido ou articulado en forma de tira que permite a unión dos cartuchos e facilita a alimentación de certas metralladoras.

    5. Película fotográfica ou cinematográfica.

    6. Tira de papel, pano ou plástico que contén, sobre unha cara, unha capa dunha substancia adhesiva non solidificada.

    7. Cinta magnética, de medidas normalizadas, para rexistrar imaxes e son.

    8. Cinta téxtil ou plástica impregnada dun adhesivo por unha das súas caras que se emprega para protexer as unións dos condutores eléctricos.

    9. Cinta empregada nos sistemas de gravación magnética de información que constitúe o soporte onde se fixa esta información.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á área de taxons que se estende polas áreas tropicais de todos os continentes, sen limitarse a un reino bioxeográfico pantropical determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado larval do ciclo evolutivo da tenia e doutros cestodos que se aloxa no tecido muscular do porco e orixina a triquinose. O ciclo continúa se resulta inxerido por un humano ou por outro hospedeiro axeitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de cizallar.

      2. Efecto dun esforzo que actúa sobre a sección transversal dun corpo e que se manifesta pola tendencia con que esta sección escorrega respecto á contigua e que pode chegar a provocar a rotura da peza.

      3. Proba para determinar a resistencia dun material ao cizallamento.

      4. Compoñente, nun corpo sometido a certo estado de carga, da resultante destes esforzos que actúa sobre unha sección transversal do corpo e tende a facela escorregar respecto da contigua.

    1. Perturbación cinemática da circulación intertropical que marca unha forte discontinuidade na velocidade e na dirección dos ventos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de individuos ou obxectos con características afíns que resultan da división dun conxunto.

      1. Calidade dalgunha cousa segundo as súas características ou o seu valor.

      2. Calidade de quen demostra polo seu comportamento e aspecto físico unha boa educación, elegancia ou bo gusto.

      1. Grupo de persoas que se diferencia polo lugar que ocupa nun sistema de produción social determinado en relación cos medios de produción, polo seu papel na organización social do traballo e pola magnitude da parte de riqueza social de que dispón e do xeito en que a obtén.

      2. Enfrontamento que se produce entre dúas clases antagónicas cando loitan, non exclusivamente polos seus intereses inmediatos, senón polos seus intereses a longo prazo.

    2. Taxon comprendido entre a orde e a división (nas plantas) ou entre a orde e o filo (nos animais).

    3. Unidade da sistemática fitosociolóxica, superior á orde e inferior á división.

    4. Lección que actúa como referente da comunicación docente dun grupo, nivel ou curso concreto.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO