"sim" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1214.

      1. Obra de fortificación onde se aloxan diversas pezas de artillaría.

      2. Unidade elemental táctica e de tiro en artillaría que adoita actuar en grupo.

      1. Conxunto de instrumentos de percusión.

      2. Persoa que toca a batería nun grupo musical.

    1. Conxunto de recipientes e instrumentos metálicos que se empregan na cociña.

      1. Agrupamento de acumuladores, conectados en serie ou en paralelo.

      2. Batería de acumuladores destinada a alimentar un circuíto en que a alimentación normal pode fallar.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos belónidos

    2. Peixe da familia dos belónidos.

    3. Familia de peixes da orde dos beloniformes, que se caracterizan por ter longuísimos maxilares e aletas pectorais relativamente pequenas, amais de ser excelentes nadadores, voraces e carniceiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de bendicir.

      1. Fórmula ou palabras rituais que teñen como finalidade consagrar persoas ou obxectos ao servizo de Deus ou ben rogar a Deus beneficios espirituais ou temporais.

      2. Bendición que concede o papa ou que calquera sacerdote pode outorgar ao cristián en perigo de morte.

      3. Bendición dada polo sacerdote á poboación coa custodia, despois da exposición do Santísimo Sacramento.

      4. Bendición que fai o sacerdote o domingo de ramos, como rito preparatorio da procesión.

      5. Bendición dada polo papa, o bispo ou outros prelados sobre todo despois da misa das grandes festividades.

      6. Bendición solemne que en determinadas datas imparte o papa en Roma para todo o mundo.

    2. Situación, acontecemento ou persoa que indica benestar, prosperidade ou que indica cousa boa ou propicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Home que combatía contra as bestas salvaxes nos circos romanos.

      1. Tratado didáctico e moral, da Idade Media, onde se describían os animais, reais ou fantásticos, catalogados segundo as súas propiedades naturais e os seus valores simbólicos, e onde se expuña a correspondente moralización dos seus costumes.

      2. Xénero poético que consiste na tipificación de persoeiros humanos a través da descrición de animais, con intención satírica ou descritiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glicocorticoide sintético moi potente, con poder antiinflamatorio similar ao da dexametasona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto gabeador, da familia das piperáceas, de follas simples, verdes, lanceoladas e coriáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos betsimarakas.

    2. Individuo do pobo betsimisaraka.

    3. Pobo do grupo malgache que habita a costa L de Madagascar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten dous lados.

    2. Que se refire ao mesmo tempo a ambos os dous lados ou partes.

    3. Aplícase ao órgano que ten dous planos normais de simetría ou que se dispoñen en dúas fileiras ao longo dun eixe.

    4. Aplícase ao animal que presenta un ou dous planos de simetría.

      1. Aplícase ao negocio xurídico en que interveñen dúas partes.

      2. Aplícase ao contrato que asigna obrigas a cada unha das dúas partes contratantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das partes iguais dun todo en que se divide un billón.

    2. Que corresponde a unha parte do billón de partes en que se considera dividida a unidade. Tm s f.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza simultánea dunha persoa en máis dun lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO