"RPR" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 289.

      1. Ciencia universal que reflexiona dun xeito racional e crítico sobre a natureza do mundo, a xustificación da crenza e a condución da vida, e que dá lugar a un conxunto organizado de verdades que se refiren á esencia das cousas.

      2. Disciplina filosófica que trata de establecer a xustificación e obxectividade do coñecemento científico.

      3. Disciplina filosófica que trata de establecer a natureza da comprensión histórica, a significación ou propósito do proceso histórico, os factores fundamentais no seu desenvolvemento e cambio, a posibilidade de obxectividade no proceso histórico e o tipo de verdade que se adscribe ás interpretacións históricas.

      4. Disciplina filosófica que trata de aclarar as relacións entre o pensamento e a fala, o papel do individuo e a comunidade nacional na construción da linguaxe, as orixes da linguaxe no tempo e no individuo e a estrutura das linguas particulares.

      5. Disciplina filosófica que trata de analizar os conceptos ou principios centrais das relixións monoteístas occidentais.

    1. Conxunto de sistemas, doutrinas, escolas e teorías do pensamento que se desenvolveron ao longo da historia e que se dividen en dous grandes ámbitos filosóficos, o occidental, enraizado na filosofía grega, e o oriental.

    2. Forma de pensar ou de entender alguén o mundo e a vida.

    3. Tranquilidade ou serenidade do ánimo ante as vicisitudes da vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dereito canónico musulmán, interpretado e definido polos alfaquís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estuda os sons das linguas humanas. Divídese en tres ramas principais: fonética articulatoria que estuda os órganos que interveñen e os xestos realizados para articular cada son; fonética acústica, que atende ás propiedades físicas dos sons; e fonética auditiva, que estuda a percepción do son polo oído e o sistema nervioso e a súa interpretación polo cerebro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento creado a principios do s XVIII por Bertomeu Cristofori que, perfeccionado, deu lugar ao actual piano.

    2. Dinámica musical que indica que se debe interpretar un fragmento pasando de forte a suave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dinámica musical que indica que se debe interpretar un fragmento coa máxima intensidade sonora posible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza realizada en arxila cocida ou pedra, que presenta unha perforación e que os arqueólogos interpretan como parte dos fusos do tear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave rapaz, da familia dos acipítridos, de ás curtas e redondeadas, e cola longa, e teñen a plumaxe das partes superiores de cor cinsenta escura e as inferiores claras con manchas castañas transversais. Habitan zonas forestadas onde sorprenden as presas cun voo áxil e rápido.

    2. Órgano vexetal con aspecto de talo moi delgado que se agarra a calquera soporte e se enrosca en hélice sobre el, de xeito que permite que a planta gabee.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción inesperada e sorprendente, verbal ou visual, que se dá en diferentes espectáculos e fai rir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aloración ou interpretación da obra de Antoni Gaudí.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Palabra escura ou difícil dun texto, que require explicación.

      2. Comentario que se fai dun texto determinado, independentemente da súa extensión.

      3. Explicación dunha palabra, frase ou texto que é difícil de comprender.

      4. Anotacións en latín, romance e eúscaro que constitúen a primeira manifestación escrita dunha lingua romance peninsular, ademais das primeiras frases escritas en eúscaro. Están recollidas nos mosteiros de san Millán de la Cogolla.

      5. Anotacións aclaratorias do Homiliario de Silos, texto latino de finais do s XI. Xunto ás glosas emilianenses, constitúe unha das primeiras manifestacións escritas dunha lingua romance peninsular. Recollidas no mosteiro de Santo Domingo de Silos, consérvanse no British Museum de Londres.

    1. Comentario ou explicación que aclara algo.

    2. Comentario dun texto xurídico que se fai para aclarar ou interpretar o mesmo. Apareceron nos ss XII-XV e acadaron o seu momento de maior esplendor coa escola de glosadores de Boloña.

    3. Composición poética, amplificación dunha estrofa, na que cada unha acaba cun verso ou versos daquela estrofa.

    4. Parte do aparato bucal dos insectos.

    VER O DETALLE DO TERMO