"RM" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 19505.

    1. Plantar un terreo con bacelos ou cepas novas.

    2. Dobrar e enterrar unha póla o tempo suficiente ata que arraigue para logo cortala e formar unha planta nova e independente.

    3. Arrimar terra ao redor do pé dunha árbore ou planta de xeito que o cubra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato simple de cálculo que consiste nun taboleiro provisto de arames paralelos, con bólas perforadas que permite facer todas as operacións aritméticas básicas.

    2. Libro que ensinaba a ciencia matemática e a calcular.

    3. Peza prismática de volume cuadrangular en forma de táboa que, sobre o equino, coroa o capitel e serve de asentamento á arquitrabe, ao tempo que protexe a decoración do capitel.

    4. Instrumento de cálculo que facilita as operacións aritméticas ao substituír as multiplicacións e divisións por adicións e subtraccións, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe de corpo alongado, da familia dos gádidos, que presenta unha mandíbula inferior sobresaínte e unha liña lateral formando un S por riba das aletas pectorais. É de cor castaña verdosa no dorso e branca na parte ventral. Vive en augas costeiras sobre fondos rochosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Impedir ou atrancar a respiración a alguén.

    2. Cubrir de bafo calquera obxecto ou elemento de vidro.

    3. Importunar a alguén teimando nunha petición.

    4. Perder o alento ou respirar con dificultade.

    5. Botar mal cheiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inclinar ou dirixir cara a abaixo o corpo, normalmente coa inclinación da cabeza. Tm v pron.

    2. Diminuír algo en altura ou grosor.

    3. Descender a unha condición, a un grao de intensidade ou a unha medida inferior.

    4. Perder o orgullo ou a dignidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer algo en equilibrio aumentando ou sacando peso.

    2. Lanzar algo con violencia contra algo ou alguén.

    3. Tirarse con violencia caendo sobre un obxecto ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Transmitir a un corpo un movemento de vaivén sen modificar o seu lugar no espazo. Tm v pron.

    2. Axitar acompasadamente o berce dos nenos para acougalos ou durmilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. abalar.

    2. Moverse algo a un lado e a outro sen desprazarse do seu eixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chover a intervalos con forza e de forma abundante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformarse nunha masa de terra compacta.

    VER O DETALLE DO TERMO