"Niza" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 734.

    1. Conxunto de persoas, animais ou cousas desordenadas e desorganizadas.

    2. Cada un dos grupos nos que se dividían os exércitos dos pobos cos que se enfrontaron os romanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unidade anatómica e fisiolóxica fundamental da materia viva que pode constituír un organismo por si soa, organismo unicelular, ou formar grupos especializados con outras células dando lugar a tecidos e órganos nos organismos pluricelulares. Diferéncianse dous tipos de células: a célula procariota que non ten membrana nuclear e a célula eucariota co núcleo delimitado pola membrana nuclear.

    2. Célula que nas anxiospermas, está en contacto cun tubo criboso.

    3. Célula que fornece as súas necesidades metabólicas mediante a incorporación, exclusivamente, de produtos inorgánicos do medio.

    4. linfocito B.

    5. leucocito.

    6. mastocito.

    7. Tipo de célula non caracterizada hematoloxicamente que ten capacidade para atacar e provocar a lise de linfomas in vitro. OBS: Tamén se denomina células NK.

    8. Célula esteliforme con función fagocigótica que se atopa no fígado e no revestimento endotelial dos vasos sanguíneos.

    9. Célula non fagocítica derivada da medula ósea, presente na pel, que posúe antíxenos MCH tipo II  e receptores para os compoñentes do complemento e para as posicións Fc das inmunoglobulinas G.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten organización de cenocito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao censo.

    2. Relativo ou pertencente aos tributos que se pagaban na antiga Roma e nos países romanizados medievais.

    3. Rexistros en que, desde tempos de Diocleciano e á maneira de catastro, se consignaban os propietarios e a imposición que lles afectaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao centro.

      2. Que está situado no centro ou preto del.

    1. Que é o máis importante.

    2. Aplícase ao lugar onde se centralizan a dirección ou os servizos dunha organización ou empresa. Tm s f.

      1. Lugar onde se agrupan os instrumentos e mecanismos de determinados servizos, en particular, a planta industrial dunha empresa que constitúe a orixe e o centro de produción máis importante.

      2. Conxunto de instalacións que producen enerxía eléctrica a partir doutra forma de enerxía.

      3. Central eléctrica que aproveita a enerxía do vento e que ten como elemento fundamental un aeroxerador que precisa de sistemas de acumulación.

      4. Central que utiliza paneis de células fotovoltaicas, convenientemente conectadas para producir enerxía eléctrica.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estrutura política e administrativa en que o poder se exerce exclusivamente desde unha área moi restrinxida, como unha administración ou poder central.

    2. Principio que inspira a organización dos movementos políticos e sindicais, que intenta potenciar a cohesión política e ideolóxica e evitar a formación de fraccións ou tendencias internas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de centralizar.

    2. Estruturación da administración pública de forma que todas ou case todas as súas funcións se atribúan a unha organización unitaria, denominada administración central.

    3. Fenómeno fonético polo que unha articulación lateral se converte en central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orgánulo situado preto do núcleo das células animais que participa na cinética da mitose como centro organizador de microtúbulos. OBS: Tamén se denomina centro celular ou centrosfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anaco de monte que, despois de incendiarse, aínda conserva en pé os talos chamuscados ou medio carbonizados das plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Chechenia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo caucásico que habita basicamente en Chechenia.

    3. Pobo do grupo caucásico que habita en Chechenia. Organizado en clans, dedícanse á gandaría e a actividades agrícolas e artesás.

    4. Lingua caucásica que se fala en Chechenia.

    VER O DETALLE DO TERMO