"MPLA" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 234.

    1. Relativo ou pertencente aos lánidos.

    2. Paxaro da familia dos lánidos.

    3. Familia de paxaros, da orde dos paseriformes, que presentan a cabeza voluminosa e ampla, o pescozo curto e o bico robusto, ganchudo e provisto dunha serie de dentes córneos a cada lado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe dos xéneros Notolepis, Hyperoplus, Sudis e Alepisaurus que presenta o corpo moi alongado e comprimido.

    2. Peixe óseo, da familia dos paralepídidos, de corpo branco, con puntos negros, alongado e comprimido, coa cabeza forte con ollos grandes, aleta dorsal curta e unha aleta adiposa próxima á base da aleta caudal.

    3. bolo común.

    4. Peixe óseo, da familia dos paralepídidos, que presentan o corpo amarelo con puntos negros e alongados e comprimidos lateralmente, cos ollos grandes, aleta dorsal pequena e aletas pectorais grandes e amplas.

    5. Peixe óseo, da familia dos alepisáuridos, de corpo verdoso con reflexos azulados, moi alongado e comprimido lateralmente, aleta dorsal moi longa, ocupando case todo o dorso, en forma de abano e pel sen escamas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ocupa unha extensión moi ampla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de follas de papel ou doutro material, manuscritas ou impresas, cosidas, pegadas ou fixadas entre si por calquera outro sistema, e encadernadas, destinadas á lectura.

    2. Publicación non periódica que ten máis de 48 páxinas.

    3. Reunión de documentos ou informes, en forma de libro, sobre un tema de actualidade, publicados, xeralmente, por algún organismo.

    4. Coleccións de documentos políticos editados por diferentes estados para informar sobre un tema, defenderse de acusacións doutros estados ou acusar a algún de agresión, de ilegalidade ou de non respectar un pacto.

    5. Libro en que se rexistra a cantidade e a natureza das mercadorías que transporta unha nave, así como o nome dos pasaxeiros.

    6. Libro en que se fai constar as decisións que adopta un tribunal, que non segue o procedemento, a vista e a sentenza dun asunto.

    7. novela de cabalerías.

    8. Rexistro en que se recollen as entradas e saídas de diñeiro dunha empresa con indicación da data da operación.

    9. Libro en que se rexistran os libros dunha biblioteca.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore perennifolia, da familia das rutáceas, de follas amplamente elípticas, co pecíolo alado ou marxinado de flores abrancazadas e de froitos en hespéride, oblongos, de cor amarela e sabor ácido.

    2. Árbore, da familia das rutáceas, moi semellante ao limoeiro, pero de flores dun branco puro. Os seus froitos denomínanse limóns doces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especie que inclúe agrupacións moi amplas de individuos que poden diferir entre eles ata un grao relativamente considerable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema de impresión que representa con tinta unha imaxe nunha superficie absorbente, e reprodúcea por contacto sobre o papel.

    2. Exemplar que se obtén mediante procedemento litográfico.

    3. Obradoiro onde se realizan litografías.

    4. Taller onde se exerce a litografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fento, da familia das ofioglosáceas, cunha folla estéril pinnatisecta, de segmentos en forma de media lúa ou de abano, e cunha folla fértil panicular.

    2. Planta herbácea bienal, da familia das brasicáceas. Presenta follas ovadas e desigualmente dentadas, flores purpúreas ou raramente brancas, dispostas en acios, e de froitos en silícula, grandes e amplamente elípticos; ten septos persistentes, que son brancos e brillantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos macruros.

    2. Crustáceo da suborde dos macruros.

    3. Suborde de crustáceos decápodos, ao que pertence a lagosta, que presentan un abdome alongado cunha aleta caudal ampla, formada polo telson e os urópodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se fai servíndose da man.

    2. Que é doado de manexar.

    3. Libro que expón as nocións fundamentais sobre un tema determinado, dunha maneira ampla e exhaustiva e que facilita unha consulta áxil e rápida.

    4. Dereito que cobraban pola súa sinatura os xuíces ordinarios.

    5. Libro que contén os ritos cos que se administran os sacramentos na liturxia.

    VER O DETALLE DO TERMO