"Fin de" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 226.

      1. Desprendemento de calor e luz producido pola combustión dun corpo.

      2. Chama errática que se produce a rentes da terra, especialmente nos cemiterios, pola combustión dos gases producidos polas substancias orgánicas en descomposición.

      1. Detonación feita cunha arma de fogo.

      2. oz de mando para que a tropa dispare.

      1. Artificio de pólvora.

      2. Composición pirotécnica de foguetes e outros artificios de pólvora de efectos luminosos e sonoros, que se lanza ao aire co fin de producir unha grande espectacularidade. OBS: Tamén se denominan fogos artificiais ou de artificio.

      3. Composición incendiaria formada por unha substancia inflamable composta probablemente de salitre, fósforo e cal, que se queimaba de forma espontánea en contacto coa auga.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento obstétrico apto para asir a cabeza fetal, facerlle tracción e dirixila, co fin de acelerar o parto.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Lugar pechado dentro do que calquera tipo de enerxía se converte en enerxía calorífica co fin de transformar a materia que se introduce nel. Segundo o campo de aplicación, pódense dividir en metalúrxicos, de proceso, de cocción e de petróleo.

      2. Construción de carácter privado ou comunal formada normalmente por unha cámara de planta circular e un teito abovedado.

      3. Forno de cuba formado por dúas seccións troncocónicas unidas pola súa base máis grande que se emprega para a extracción do ferro.

      4. Forno utilizado nos cemiterios para incinerar os cadáveres.

      5. Forno que funciona electronicamente mediante microondas que desenvolven calor nas substancias dieléctricas.

    1. Lugar onde se fai e se vende pan.

    2. Lugar onde vai moita calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fotografía obtida recortando diversas fotografías e pegándoas xuntas co fin de conseguir un efecto determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de diagnose prenatal que consiste na punción do cordón umbilical que se efectúa a través da parede abdominal da muller embarazada baixo control ecográfico, co fin de obter unha mostra do sangue fetal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Paso dunha substancia do estado sólido ao estado líquido provocado por un aumento da temperatura.

      1. Unión de dous partidos, intereses ou ideas que antes eran distintas ou se opoñían.

      2. Creación dunha sociedade a partir de dúas ou máis existentes que traspasan o seu patrimonio en bloque á de nova formación, ou absorción de dúas ou máis sociedades por outra xa existente que adquire o patrimonio das extinguidas.

    2. Proceso polo que dous fonemas ou máis se converten nun só.

    3. Alteración dos terreos municipais pola unión de dous ou máis municipios limítrofes co fin de construír un novo.

    4. Reacción nuclear exoenerxética que consiste na reunión de dous núcleos atómicos para formar outro máis pesado, con posible emisión dun neutrón ou dun protón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de cousas unidas por un cordel ou vara co fin de colgalas.

    2. Cantidade dalgunha cousa que se colle cunha gancha.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cousa ou persoa que garante algo.

      1. Seguro de bo funcionamento, durante un tempo determinado, dalgunha cousa que se mercou, ou dalgún dos seus compoñentes, que se teñen que substituír ou reparar no caso de estar defectuosos ou avariados.

      2. Documento que garante o bo funcionamento ou estado de algo.

    2. Contrato accesorio doutro principal que ten por finalidade asegurarlle ao acredor o cumprimento dunha obriga.

    3. Conxunto de medios que se poñen para asegurar o exercicio dos dereitos recoñecidos pola Constitución.

    4. Programa educativo específico, implantado coa LOXSE (1990), que se lle oferta ao alumnado que non acada os obxectivos da educación secundaria obrigatoria, co fin de lle proporcionar unha formación básica e profesional que lle permita incorporarse á vida activa ou proseguir os estudos nas distintas ensinanzas reguladas por esta lei.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pau curto que se utiliza para retorcer unha corda, cadea ou calquera outra cousa, co fin de tensala.

      2. Panca coa que se lle dá volta á trinca dun cabo.

    1. Colar de ferro que se pode apertar a vontade por medio dun parafuso, e que se emprega para executar os condenados á pena capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Loita armada entre dous ou máis países ou estados, ou entre grupos ou bandos dunha mesma nación.

      2. Guerra en que se empregan contra o inimigo bacterias, virus, fungos e outros, dispersados co fin de provocar os correspondentes efectos nocivos ou mortais sobre as persoas, gando e plantacións.

      3. Guerra entre os cidadáns dun mesmo país ou dun mesmo Estado.

      4. Guerra que se desenvolve no espazo exterior á Terra.

      5. Guerra en que se empregan armas nucleares.

      6. Loita armada, mantida durante a Idade Media, entre señores territoriais, soberanos, cidades ou vilas e que non afectaba á totalidade dun Estado.

      7. Guerra en que se empregan contra o inimigo diversas substancias químicas polos seus efectos tóxicos sobre os seres vivos.

      8. Estratexia de guerra (Blitzkrieg) desenvolvida polos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial, baseada nun avance rápido e sorpresivo de unidades terrestres combinadas co apoio da aviación.

      9. Guerra que se produce por motivos relixiosos, como a ğīhād islámica e as cruzadas cristiás.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO