"Bras" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1810.

    1. Acción de aglutinar ou aglutinarse.

    2. Procedemento polo que dúas ou máis palabras se xuntan para constituír unha soa.

    3. Aglomeración de determinados corpúsculos en suspensión portadores dun antíxeno pola presenza, no líquido da suspensión, do anticorpo específico correspondente.

    4. Aglutinación dos eritrocitos como consecuencia da reacción específica dos aglutinóxenos ante as súas correspondentes aglutininas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oración latina da misa que comeza coas palabras Agnus Dei.

      1. Moeda que leva o Agnus Dei.

      2. Moeda de billón castelá que fixo labrar Xoán I de Castela.

    2. Obxecto bendicido polo papa que leva en efixie un año como emblema de Cristo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘campo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou palabras con que se ofende ou aldraxa a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Produción de vexetais por medio do cultivo da terra co obxectivo de transformar o medio natural.

    2. Tipo de agricultura que ten á familia como unidade económica, non sendo a agricultura a súa principal actividade económica.

    3. Práctica agrícola que pretende eliminar os fertilizantes químicos e todo tipo de pesticidas de síntese.

    4. Agricultura comercial e intensiva caracterizada por ocupar parcelas de pequeno tamaño adoito cubertas por unha estrutura vidrosa ou plástica para protexer os cultivos de inclemencias climáticas.

    5. Sistema de agricultura extensiva que non precisa achega de auga por medios artificiais.

    6. Agricultura que cobre máis dun 50% das necesidades de alimentación dunha familia que lle achega a totalidade do traballo e do capital.

    7. Sistema de cultivo caracterizado polo predominio dos elementos naturais sobre o capital e o traballo.

    8. Sistema de cultivo caracterizado por un elevado investimento de traballo, fertilizantes e adoito capital.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea perenne, da familia das brasicáceas, que presenta follas imperipinnadas, flores de cor branca dispostas en acios e froito en silicua. Emprégase para combater as lombrigas e o escorbuto.

    2. Nome común co que se denominan as plantas dos xéneros Cardamine e Lepidium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero carnívoro, da familia dos cánidos, de cor avermellada, co pelo e as patas moi longas e orellas grosas. Habita en Brasil, Paraguay e N de Arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento inicial de moitas palabras de orixe árabe que actúa a xeito de prefixo ou na asimilación de voces de ascendencia arábiga. Vai anteposto tamén en topónimos árabes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestre de obras dedicado aos labores de arquitectura e albanelaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘branco’.

    VER O DETALLE DO TERMO