"Ava" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 1000.

  • Navalla de afeitar a barba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza ríxida, alongada e, en xeral, de pouco grosor.

      1. Peza alongada que teñen os bares ou outros establecementos semellantes formando parte do mostrador.

      2. Mostrador no seu conxunto.

    2. Peza de pan ou doutros comestibles que adoitan ter forma alongada e calibre uniforme.

    3. Nube longa que se pode observar despois da caída do sol.

    4. Aparato ximnástico formado por unha peza horizontal de madeira ou de aceiro que descansa sobre uns montantes verticais fixos.

    5. Pasamán de madeira fixado horizontalmente ao longo das paredes e á altura do van, nunha academia de danza que serve para apoiarse durante os primeiros exercicios e para manterse en equilibrio.

    6. Condutor montado ao aire, de gran sección transversal, que se emprega para correntes de forte intensidade.

    7. Liña ampla trazada sobre unha superficie.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terreo cun descenso vertical brusco e escarpado.

    2. Escavación profunda que fai a auga da chuvia na terra.

    3. Dificultade ou estorbo que se encontra para realizar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recipiente, normalmente de barro, onde se preparaba a bogada e se lavaba a roupa.

    2. Operación de lavar a roupa na barrela nunha mestura de auga quente e cinsa, xabón ou lixivia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Réptil fabuloso que tiña a propiedade de matar coa mirada.

    2. Réptil da familia dos iguánidos que presenta unha crista eréctil na cabeza e outra ao longo da columna e da cola.

    3. Peza de artillaría que empregaron especialmente os turcos en combates navais nos ss XVI e XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción na que dous exércitos inimigos se baten un contra o outro.

    2. Batalla entre dous exércitos a campo aberto.

    3. Combate naval.

    4. Cabalo aguerrido.

    5. Lugar onde se libra a batalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos batavos.

    2. Individuo pobo batavo.

    3. Pobo xermánico que se estableceu na desembocadura do Rin, na Insula Batavorum (Wommeler Waard).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pedra en que se baten as roupas lavadas á man.

    2. Lugar onde se bate algunha cousa.

    3. Parte do barco contraria a aquela de onde sopra o vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Baviera, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante da rexión alemá de Baviera.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo bávaro.

      2. Individuo do pobo bávaro de Alxeria.

      3. Pobo xermánico da rama dos marcomanos que se instalou no territorio da actual Baviera.

    1. Un dos tres grupos dialectais que xunto co alamano e o fráncico constitúen o altoalemán.

    VER O DETALLE DO TERMO